III Mostra de Proxectos
Actualizado o 13/06/2007
Información complementaria.
O horario da mostra será de 17:30 a 19:30 horas.
A partir das 16:45h-17:00h, estaran na praza do Toural as primeiras mesas
para que podades ir colocando os proxectos que traiades.
Dende as 16:45h haberá alguén da organización na
entrada principal do IES Rosalía de Castro (van a colaborar con
nós alumnos do IES) para que poidades descargar os proxectos dos
coches antes de buscar aparcadoiro.
Disporemos dunha furgoneta, para transportar principalmente as mesas e
onde tamén se poderá levar algún proxecto. Pero consideramos
e recomendamos que, pola fraxilidade dos mesmos, será mellor levalos
na man. Se polo volume ou peso dos mesmos queredes transportar algún
na furgoneta, deberedes traelo antes das 17:00h, xa que temos limite por
parte do Concello no número de viaxes e as franxas horarias.
Teremos
subministro de corrente eléctrica ao pé da fonte ao que
lle colocaremos algunhas regletas. Se ides necesitar conectar varios dispositivos
e podedes traer algún enchufe múltiple moito mellor.
.
Podedes imprimir os seguintes cartaces anunciadores e colocalos en lugares
visibles para difundir ao máximo a mostra: cartaz1
e cartaz2
Calqueira dúbida que teñades non dúbides en poñervos
en contacto con nós: contacto@apetega.org
|