III Mostra de Proxectos
Actualizado o 22/06/2007
Información sobre a III Mostra de Proxectos
O día 15 de xuño de 2007 celebrouse,
con gran éxito de participación e asistencia, a III
Mostra de Proxectos na Praza do Toural en Santiago de Compostela.
Con esta inicitiva pretendemos que un ano máis
se poidan ver na rúa os proxectos e demais traballos que realizaron
durante o curso os alumnos nas aulas-obradoiro de Tecnoloxía.
Debemos ter todos en conta que esta é unha actividade
da asociación imprescindible de cara á valorización
da nosa área pola sociedade pois moitos dos nosos problemas son
consecuencia do gran descoñecemento que se ten no referente á
materia que impartimos.
O éxito da III Mostra de proxectos é
mérito dos moitos profesores e profesoras de toda Galicia que
colaboraron e participaron desinteresadamente, así como aos alumnos
e alumnas que quixeron amosar os seus traballos. Tampouco nos queremos
esquecer dos alumnos e profesores do IES Rosalia de Castro que facilitan
a organización da actividade. ¡MOITAS GRAZAS
A TODOS!
No apartado imaxes
podedes ver fotografías e vídeos da mostra. Podes enviarnos
máis fotos e vídeos a web@apetega.org
Panfleto repartido
durante a celebración da mostra.
Algúns medios de comunicación fixeronse
eco da mostra:
Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en
escribir a: contacto@apetega.org
|