|
|||||||||||||||||||||||||||||||
|
IV Mostra de ProxectosActualizado o 28/05/2008Tecnoloxía na rúa. Presentación.A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía quere convidar ao profesorado e alumnado galego a asistir á IV Mostra de proxetos de Tecnoloxía, "Tecnoloxía na rúa". Con esta actividade na rúa preténdese sacar a tecnoloxía das aulas e amosar á sociedade o que están a traballar os rapaces e rapazas na materia de Tecnoloxía na educación secundaria.
A partir das 16:45h-17:00h, estarán na praza do Toural as primeiras mesas para que podades ir colocando os proxectos que traiades. Dende as 16:45h haberá alguén da organización na entrada principal do IES Rosalía de Castro (van colaborar con nós alumnos do IES) para que poidades descargar os proxectos dos coches antes de buscar aparcadoiro. Disporemos dunha furgoneta, para transportar as mesas e onde tamén se poderá levar algún proxecto, se polo seu peso ou volume, así o considerades. Nese caso debedes de traelo antes das 17:00h. Teremos subministro de corrente eléctrica ao pé da fonte ao que lle colocaremos algunhas regretas. Se ides necesitar conectar varios dispositivos e podedes traer algún enchufe múltiple moito mellor. No caso de chover, a mostra realizarase no I.E.S. Rosalía de Castro. Para coñecer os centros dos que proceden os proxectos da mostra debedes
inscribirvos na páxina de inscrición. Animádevos a participar cos vosos proxectos!
Cartaz para a difusión da mostra. Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en escribir a: contacto@apetega.org |
|
|||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||