Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.

 Actualizado o 17/05/2009

Listaxe de Obradoiros.

Obradoiros

Descrición

Documentación

Iniciación a GIMP
Prácticas guiadas para levar á aula sobre o uso do GIMP. PracticasGimp.7z
Programación estructurada en DFD
Trátase dun editor e simulador de diagramas de fluxo que enseña a utilizar as sentencias típicas de calquera linguaxe de programación : bucles, condicionais, funcións, etc. Programacion_DFD.pdf
Robots en acción! Robótica práctica con Lego Mindstorms NXT. Programación de robots con NXT-G Educational para a resolución de desafíos robóticos. desafios_lego-xornadas09.pdf desafios_lego-xornadas09-2.pdf
Iniciación ao control programable con Arduino Iniciación á programación do sistema Arduíno mediante montaxes básicas coas que se poderán construir sistemas de control e robots. PRERREQUISITO: Coñecementos básicos de programación. Recoméndase aos que non cumpran este requisito que asistan ao obradoiro de "Programación en DFD" o venres. Obradoiro_Arduino.pdf
Fabricación dun circuíto impreso Vamos a fabricar un sinxelo circuíto impreso, adaptado ao alumnado da ESO, pola súa facilidade tanto de montaxe, como de comprensión. Non fan falla grandes coñecementos previos de electrónica, pois simplemente usaremos algúns dos compoñentes dos mais comúns. Circuito_Impreso.pdf
Creación dun encerado dixital de baixo custo Obradoiro no que se amosará como a partir do mando da videoconsola Wii se pode obter cun pouco de bricolaxe electrónica un encerado dixital totalmente funcional para a aula.
Iniciación a Moodle O principal obxectivo deste obradoiro é introducir aos profesores na utilización dunha plataforma de xestión de contidos educativos (LMS), en concreto de Moodle; a máis utilizada e contrastada plataforma de xestión de cursos en liña. obradoiro_moodle_2009_xornadas.pdf
SwishMax SwishMax é un programa para elaborar animacións flash dunha maneira moi sinxela e intuitiva. É unha ferramenta moi útil para a elaboración de recursos educativos animados, interactivos e multimedia. obradoiro_de_SwishMax.pdf
Montaxe e mantemento de circuítos pneumáticos e electroneumáticos

Iniciacion á pneumática básica utilizando a dotación da aula-obradoiro. Prácticas de montaxe de circuitos pneumáticos. Deseño e simulación de circuitos pneumáticos co programa Automation Studio.

Traballando cos plásticos Neste obradoiro recóllense algúns traballos que é posible realizar no taller de Tecnoloxía utilizando as características dos materiais plásticos. Utilizaremos: O polimetilmetacrilato para facer un portafotos; a resina de poliester para moldear e pulir un puzzle de dúas pezas xeométricas; e o poliestireno expandido para facer volumes xeométricos. PLASTICOS_xornadas_2009.pdf
SkecthUp - Debuxo 3D dende 2º da ESO Descrición e preparación do entorno. Debuxo de formas planas. Formas 3D sinxelas. Inferencias. Texturas. Compoñentes. Exercicios_SketchUp_6.pdf QuickReferenceCard.pdf
Iniciación no emprego do xerador de ondas e do osciloscopio 1.- Breve explicación do funcionamento do osciloscopio e do xerador de ondas, das distintas partes de cada aparato, botóns de axuste, entradas, saídas, etc. 2.- Práctica co amplificador operacional ua741. Xerador_de_ondas_e_Osciloscopio.pdf
Avaliar en competencias. Programación Didáctica da ESO Reflexión sobre o novo Currículo e as novas que temos que ter en conta na Programación Didáctica.
Obradoiro de cociña solar e fotosaltóns
Construcción de cociñas solares tipo panel con materiais de baixo custo e reciclables, se o tempo acompaña faremos nelas café, chocolate, filloas... ou o que se queira. Construcción de "fotosaltóns" ou pequenas mascotas solares feitas con motores vibratorios reciclados de teléfonos móbiles. obradoiro_fotosaltons.pdf obradoiro_cocina_solar_2009_0.pdf minikit_solar_artigo_gal.pdf
Obradoiro de fotosaltóns e electrificación solar
Montaxe dun kit de electrificación solar de baixo custo utilizando unha SAI de ordenador. Construcción de "fotosaltóns" ou pequenas mascotas solares feitas con motores vibratorios reciclados de teléfonos móbiles. obradoiro_fotosaltons.pdf obradoiro_cocina_solar_2009_0.pdf minikit_solar_artigo_gal.pdf
Telefonía Desenvolverá a construcción dun teléfono de comunicación vía cable. OBRADOIRO_DE_TELEFONIA.pdf
De Faraday ao meu cepillo de dentes O obxectivo do obradoiro é dar a coñecer un conxunto de actividades relacionadas co electromagnetismo e as aplicacións tecnolóxicas que nos rodean.
Aulas libres con Trisquel Edu Comezaremos ensinando as posibilidades do sistema de clientes lixeiros LTSP, tanto para o aproveitamento de equipos vellos, como para a facilidade de mantemento e flexibilidade na xestión. Seguiremos ensinando o sistema de supervisión de aula iTALC, mostrando as ferramentas que lle ofrece o mestre, e remataremos instalando e amosando algúns paquetes de programas educativos.

Estamos abertos a máis colaboracións e propostas. Escribide a xornadas@apetega.org.

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702