|
Obradoiros
|
Descrición
|
Documentación
|
Introducción práctica ao sistema operativo Linux
|
Visita
guiada a un entorno GNU/Linux: historia, situación actual, alternativas
libres equivalentes ás aplicacións de Windows e instalación en equipos.
Todos
aqueles asistentes que o desexen poderán levar o seu portátil e
proceder á instalación da distribución Ubuntu-Linux nel (recoméndase
levar feita copia de seguridade dos datos). |
viaxe-guiada-linux.pdf |
Edición
de vídeo dixital con Adobe Premiere
|
Achegamento
á edición de vídeo dixital mediante o programa Adobe Premiere. | |
| Robots
en acción |
Robótica
práctica con Lego Mindstorms NXT. Programación de robots con NXT-G
Educational para a resolución de desafíos robóticos. | |
| Debuxo Técnico con Imagineer Technical |
Introdución práctica ao deseño asistido
por ordenador mediante o programa Imagineer Technical, paquete
de CAD en 2D dispoñible en todos os centros de secundaria
dentro da dotación básica do Departamento de Tecnoloxía. | |
| A maxia da Química |
Realización de prácticas
sinxelas de Física e Química feitas a xeito de experiencias
espectaculares para servir como motivación do alumnado e empregalas na
aula como material de apoio. | |
| Iniciación
ao Moodle |
Introducción
a este popular sistema de xestión de cursos de libre distribución co
que crear aulas de aprendizaxe en liña. | |
| Debuxo
en 3D fácil e divertido con SketchUp |
SketchUp
é unha ferramenta de software de 3D doada de
utilizar e
extremadamente potente que combina un sólido conxunto de ferramentas
cun sistema de debuxo intelixente que simplifican o deseño 3D.
SketchUp permite crear e modificar modelos 3D de xeito rápido
e doado, xa sexan sinxelos ou complexos, conceptuais ou realistas. |
presentacion_sketchup.pdf |
Fotografía dixital
|
Achegamento ao coñecementos básicos sobre cámaras
fotográficas dixitais e a edición de imaxes mediante computador. Recoméndase aos
asistentes que leven a súa cámara dixital ao obradoiro.
| fotografia_basica.pdf |
| Montaxe e mantemento
de circuítos pneumáticos e electroneumáticos. |
Deseño e montaxe práctica de circuítos pneumáticos
e electroneumáticos empregando a dotación da aula-obradoiro. Logo da
introdución teórica inicial, o obradoiro desdobrarase na súa fase
práctica en neumática básica e electroneumática co fin
de atender aos distintos niveis dos participantes.
| |
| Creación
dun encerado dixital de baixo custe |
Obradoiro no que se amosará
como a partir do mando da videoconsola Wii se pode obter cun pouco de
bricolaxe electrónica un encerado dixital totalmente funcional para a
aula. | |
| A robótica máis preto
de ti |
Achegamento práctico ao
sistema PICAXE, sistema que fai moi accesible e asequible a
programación de microcontroladores ou PICs. | picaxe.pdf |
| A re-evolución web:
Web 2.0 |
Análise práctica das novas
tendencias na web orientadas á interacción e ás redes sociais: Blogs,
Wikis, YouTube, Flickr, Del.icio.us, Technorati,... | web2.0_presentacion_2008.pdf |
Elaboración de
figuras de escaiola para a súa posterior realización de vistas
|
Moldeado, secado e pintado
de figuras básicas de escaiola das que posteriormente se realizarán as
súas vistas mediante o programa AutoSketch. | |
| Traballando cos
plásticos no obradoiro |
Realización de
expericencias prácticas aproveitando as características dalgúns
plásticos para producir obxectos no obradoiro de tecnoloxía. | |