Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Revista
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

VIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.

  Actualizado o 17/04/2008

Información sobre as VIII Xornadas

Os días 18 e 19 de Abril de 2008, no IES "Gregorio Fernández" de Sarria (Lugo), celebráranse as VIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.

No apartado programa tedes información sobre as visitas e demais actividades, que igual que en anos anteriores a maior parte do tempo estará adicada a obradoiros. No apartado de obradoiros tedes a listaxe definitiva deles.

Tamén haberá exposición de proxectos, onde todo o mundo pode participar cos traballos dos seus alumnos e un espazo adicado a crear colectivamente un repositoro para intercambio de material de aula en formato dixital. E tampouco nos esqueceremos do aspecto lúdico.

No apartado información complementaria tedes dispoñible información de utilidade sobre Sarria e as Xornadas.

Ao igual que os anos anteriores temos solicitada a homologación das Xornadas por parte da Consellería, pero este ano, xa en vigor a nova orde de formación, só podemos certificar un máximo de 12 horas.

Todos os interesados en inscribirse só teñen que cubrir o formulario on-line. Ademais, no caso de non ser socios, deberán facer o ingreso da cuota correspondente na conta de APETEGA (Caixanova: 2080-0141-41-0040007345) e presentar o xustificante de dito ingreso ao comezo das Xornadas.

Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en escribir a: xornadas@apetega.org

 


 

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702