Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.

  Actualizado o 07/02/2008

Información sobre as VII Xornadas

As VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia celebráronse no IES "Fermín Bouza Brey" de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), os días o 20 e 21 de Abril de 2007.

Están homologadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 15 horas.

A visita do venres pola mañá consistíu nun percorrido didáctico por Cambados: visita ao muíño de mareas de Corvillón, percorrido polo casco vello da vila nun tren turístico e visita técnica á adega "Martín Códax", con degustación dos seus caldos.

No apartado de obradoiros podedes consultar o listado dos obradoiros que se ofertaron.

As VII Xornadas presentaron dúas novidades. Unha foi a creación colectivamente, nun pc accesible a todos os asistentes, dun repositorio para o intercambio de material de aula en formato dixital (programas, presentacións, imaxes, vídeos,...). A outra foi a celebración dunha olimpíada tecnolóxica a xeito de xincana, na que se puxeron a proba as habilidades dos asistentes pasando un bo rato.

Como en anos anteriores, houbo un espacio para a exposición de proxectos e comunicacións.

Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en escribir a: xornadas@apetega.org


 

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702