Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

VI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.

  Actualizado o 15/04/2006

Obradoiros

Aquí vai un adianto dalgúns dos obradoiros previstos para as Xornadas. A maioría están confirmados pero por suposto pode haber trocos e cancelacións. Na columna da dereita indícase o curso para o que poden enfocarse os contidos ou prácticas do obradoiro e ó nivel inicial do que se parte (de todos xeitos iremos poñendo, cando poidamos, un índice dos obxectivos e contidos a tratar).

É obvio (e repetitivo) dicir que estamos abertos a colaboracións e propostas. Escribide a XORNADAS.

Obradoiro

Descrición

Confirmado

cursos/ Nivel

O Teléfono con fíos

Fabricación dun teléfono con fíos: circuíto electrónico soldado Si 2º ciclo ESO / Baixo

Traballo con materiais: Fundición en area

Explicación e Realización dunha práctica de moldeo por fundición Si ESO, Bacharelato / ?

Fabricación de circuitos impresos

Explicación e realización de prácticas de circuítos impresos Si 4º ESO / Medio

Traballos técnicos tradicionais: Fogueteiro

Explicación dos aspectos técnicos e científicos do traballo. Prácticas non obrigatorias :-) Si -----------------

A programación didáctica en tecnoloxía. Elaboración de unidades didácticas.

De especial interese para os interinos que vaian a preparar a programación. Si -----------------

O Hardware do PC

Estudo práctico do hardware: reparación, montaxe, mantemento,... Si Iniciación / Baixo

Como empezar a traballar con un autómata e non morrer (desesperado) no intento

Explicación e práctica de traballo con varios autómatas (FUNCAD, ENCONOR,...) SI 2º ciclo ESO / Baixo

Aula Informática I: o mantenemento

Mantemento básico dunha aula de ordenadores en rede Si Iniciación

Aula Informática II: Restauración de equipos

Traballo práctico con ferramentas de partición e reparación de imaxes Si medio

Debuxo asistido por ordenador

Prácticas de iniciación con programas tipo CAD Si ESO / Iniciación

Pneumática

Deseño e montaxe práctico de circuítos pneumáticos, usando o material do taller Si Bach. / Baixo

Autómatas e circuítos pneumáticos

Programación dun autómata en circuíto pneumático (con electrovalvulas, etc,...) Si 4º ESO - Bach. / Medio

Pequenas experiencias con material reciclado

Construcción de estruturas con palliñas, pilas con lixivia, resistencias con fíos metálicos, etc,... Si 1º ciclo ESO / iniciación

Iniciación á madeira I: ensambles

Faranse pequenas prácticas de ensamble, coma por exemplo o de "horquilla"

Si ESO / iniciación

Iniciación á madeira II: o torno

Prácticas de madeira usando un torno eléctrico Si ESO / medio baixo

Iniciación ó uso do xerador de ondas e do osciloscopio

Prácticas de uso dun osciloscopio e dun xerador de ondas Si Bach / Iniciación

Accesibilidade en entorno web

Explicación do concepto de accesibilidade e análise de diversas webs. Indicacións prácticas para o deseño de webs Si -------------------------------------

Automátismos analóxicos

Explicación e montaxe práctica de circuitos automáticos Si 3º - 4º ESO / iniciación

Edición e conversión de vídeo dixital

Formatos de vídeo dixital, programas, uso práctico da conversión, edición de vídeo e de son, etc,... Si Todos / Iniciación

Tecnoloxía do viño III

IN VINO VERITAS Pferfectamente
:-)
Non apto para menores/ Todos/as

¿Fáltache algún? Escribe no foro as túas propostas, ainda estás a tempo, somos recoñecidos pola nosa capacidade de improvisación.

     


Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702