Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

V Mostra de Proxectos

  Actualizado o 10/06/2009

Tecnoloxía na rúa. Presentación.

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia quere convidar ao profesorado e alumnado galego a asistir á V Mostra de Proxectos "Tecnoloxía na rúa".  

Con esta actividade na rúa preténdese sacar a Tecnoloxía das aulas e amosar á sociedade o que están a traballar os rapaces e rapazas na materia de Tecnoloxía na educación secundaria.

  • Data: 12 de xuño de 2009
  • Lugar: Praza do Toural en Santiago de Compostela
  • Horario: de 17:30 a 19:30 horas

Xa podedes anotarvos cubrindo o formulario de inscrición.

Animádevos a participar cos vosos proxectos!

Os que queirades participar na Mostra só tendes que levar os vosos proxectos. A organización encargarase de poñer as mesas necesarias, prestadas polo IES Rosalía de Castro de Santiago.

A partir das 16:30-16:45 h empezaremos a colocar as mesas na Praza do Toural. Por tanto, os que traiades proxectos para expoñer, sobre esa hora podedes achegarvos ao Toural ou ao IES Rosalía de Castro. Trataremos de ter todo listo, proxectos incluidos, para as 17:30 h, que é a hora oficial de comezo da Mostra.

Tamén teremos subministro eléctrico por se tendes que enchufar algún aparato.

Imos alugar unha furgoneta para traer algúns proxectos voluminosos desde A Coruña, polo que todos os profesores da zona da Coruña que esteades interesados en traer proxectos podedes usar esa furgoneta.

Aos profesores que traian proxectos permitiráselles aparcar no patio do IES Rosalía de Castro, próximo á Praza do Toural.

Lembrade que tamén podedes levar aos vosos alumnos. Algúns profesores que participaron en anteriores edicións comentaron que foi moi positivo levar aos alumnos á Mostra.

Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en escribir a: contacto@apetega.org

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702