|
Obradoiros
|
Descrición
|
Documentación
|
| Desenvolvemento de
proxectos |
Medidas Organizativas
Aplicadas, para poder facer un proxecto sinxelo traballando con grupos
numeroso. É interesante o intercambio de ideas entre os asistentes,
aprotando experiencias. |
|
| Moodle |
Moodle é un ambiente
educativo virtual, un sistema de xestión de cursos, de distribución
libre que axuda aos educatores a crear comunidades de aprendizaxe en
liña. Neste obradoiro pretendemos axudarvos a manexar esta plataforma
para poder crear contidos, teses, exames e incluso avalialos. |
|
| Ubuntu Básico |
Instalación de Ubuntu 10.04 (versión
Abalar) e traballo co live-cd, instalación de programas e actualización
do sistema. |
|
Ubuntu Avanzado
|
Traballo coa terminal Ubuntu,
repositorios, Ubuntu na nube e xestión de usuarios.
|
|
| Foguetes de auga |
Empregaremos materiais de
refugallo para construír foguetes propulsados con auga e aire a
presión. Finalizaremos o obradoiro realizando o lanzamento de todos os
foguetes construídos. |
|
| Enerxía solar |
Captación e almacenamento de enerxía solar térmica e a súa aplicación ao procesado de alimentos.
Fomentar o desenvolvemento de prototipos de cociñas solares adaptadas a diferentes condicións e usos.
Presentar materiais e dispositivos empregados na captación e utilización de enerxía solar.
Concienciar ao profesorado sobre o uso e aproveitamento sostible de enerxías limpas e baratas.
|
|
SwishMax
|
SwishMax é un programa para elaborar
animacións flash dunha maneira sinxela e intuitiva. É unha ferramenta
moi útil para elaborar recursos educativos animados, interactivos e
multimedia. As animacións realizadas son óptimas para presentalas por
internet ou para executalas na PDI.
|
|
| Audacity |
Introdución a Audacity, programa libre e
de código aberto para gravar e editar son. Está dispoñible para
GNU/Linux, Microsoft Windows, Mac OS X e outros sistemas operativos.
|
|
| Arduino Básico |
Iniciación á programación do sistema
Arduino mediante montaxes básicas coas que se poderán construir
sistemas de control e robots.
|
|
| Instrumentos musicais |
A construción de instrumentos trátase
dun trabalo multidisciplinar. Investigar, imaxinar, deseñar e
construir. A tecnoloxía, a física, a plástica e a música reúnense para
crear novas máquinas sonoras. A aula convertida nun laboratorio de
experimentación sonora. Neste obradoiro crearemos novos instrumentos
xerado a partir de "obxectos atopados" e materiais reciclados. |
|
| Servidor Apache |
Con
este obradoiro quérese dar a coñecer ao profesorado dun servidor Apache
portable "MOWES PORTABLE", cun CMS moi flexible e sinxelo chamdo
GPEASY. Tamén se abordará a integración do GPEASY nunha aula virtual
MOODLE.
Por outra banda amosáranse ao colectivo docente experiencias didácticas empregando estas ferramentas.
Curso de aplicación: calquera do noso ámbito.
|
|
| Man de FX en látex |
Usando
a nosa propia man como molde, trátase de fabricas unha en látex.
Finalmente teremos unha replica da nosa extremidade con todo luxo de
detalles. |
|
Estruturas de formigón
|
Simplificación de estruturas para facer
na clase, a base de madeira, formigón, formigón armado e cartón.
Elaboración dun plástico.
|
|
| Electromagnetismo |
Experiencias que se poden facer no
obradoiro: visualización do campo magnético, indución electromagnética,
... e algúns proxectos de exemplo.
|
|
| Inkscape |
O obxectivo principal do Inkscape é
crear unha ferramenta de debuxo potente e cómoda, totalmente compatible
cos estádares XML, SVG e CSS. Achegándonos ó coñecemento das
ferramentas básicas deste programa, pretendemos con este obradoiro dalo
a coñecer a aquelas persoas que, non sendo profesionais neste
eido, se amosen atraídas polas posibilidades que unha aplicación deste
tipo lles pode ofrecer.
|
|
Virtual Box
|
Os contidos do obradoiro son os
seguintes: preparativos do Windows, instalación (ver. OSE e PUEL).
Creación de máquinas virtuais (MV). Importación/exportación de máquinas
virtuais. Experimentos con MV e diferentes opcións de configuración.
|
|
Xeometría dinámica
|
Aplicacións de xeometría dinámica, que
teñen aplicación non só en TIC, senón tamén na representación de
mecanismos, estruturas e representación gráfica en xeral.
|
|
Mutisensor co IC741
|
Todo o que tedes que saber para poder
montar cos teus alumnos un único circuíto con sensores intercambiables
de luz, temperatura e humidade. Flexibilidade para que un relé responda
a incrementos do estímulo ou a baixadas do mesmo.
|
|
| LEGO |
Robótica práctica con Lego
Mindstorms NXT. Programación de robots con NXT-G Educational para a
resolución e desafíos robóticos.
|
|
Tecnoloxía máxica
|
O que se pretende con este obradoiro é
que os profesores aprendan a facer maxia co obxectivo de motivar aos
alumnos a hora de presentar os diferentes contidos didácticos.
Utilízanse ferramentas e obxectos de uso cotiá na aula para realizar os
diferentes xogos. Aplicación do método de proxectos e construción dun
xogo de maxia. Aplicación das novas tecnoloxías á maxia.
|
|