|
Obradoiros
|
Descrición
|
Documentación
|
| SwishMax |
SwishMax é un programa para elaborar animacións flash dunha maneira moi sinxela e intuitiva. É unha ferramenta moi útil para a elaboración de recursos educativos animados, interactivos e multimedia. |
obradoiro_SwixhMax.pdf |
| Placas Impresas |
Fabricación dun sinxelo circuíto impreso, adaptado ao alumnado da ESO, pola súa facilidade tanto de montaxe, como de comprensión. Non fan falla grandes coñecementos previos de electrónica. | |
| Ubuntu+Pizarra Dixital Baixo Coste |
Como poñer a funcionar a pizarra dixital de baixo coste nun equipo con software libre (Ubuntu), estudiaremos os programas a instalar e as distintas utilidades que farán que obteñamos un maior rendemento. (Non se farán punteiros) | Pizarra.pdf |
| Desenvolvemento de sistemas asociados a Enerxías Alternativas |
Construcción de hélices a nivel rudimentario para centrais eólicas, hidroeléctricas e coches eólicos. | Helices_centrales_eolicas.pdf |
| Desenvolvendo Proxectos |
Medidas Organizativas Aplicadas, para poder facer un proxecto sinxelo traballando con grupos numerosos. É interesante o intercambio de ideas entre os asistentes, aportando experiencias. | |
| Inkscape |
O obxectivo principal de Inkscape é crear unha ferramenta de debuxo potente e cómoda, totalmente compatible cos estándares XML, SVG e CSS. Achegándonos ao coñecemento das ferramentas básicas deste programa. Pretendemos con este obradoiro dalo a coñecer a aquelas persoas que, non sendo profesionais neste eido, se amosen atraídas polas posibilidades que unha aplicación deste tipo lles poda ofrecer. | Obradoiro_Inkscape.pdf |
| Audacity |
Introdución a Audacity. Programa libre e de código aberto para grabar e editar sonido. Está dispoñible para Mac OS X, Microsoft Windows, GNU/Linux e outros sistemas operativos. | |
| Instrumentos Musicais |
A construcción de instrumentos trátase dun traballo multidisciplinar. Investigar, imaxinar, deseñar e construir. A física, a tecnoloxía, a plástica e a música reúnense para crear novas máquinas sonoras. A aula convertida nun laboratorio de experimentación sonora.
Neste obradoiro crearemos novos instrumentos xerados a partir de “obxetos atopados” e materiais reciclados. | |
| Clonación de equipos por rede DBRL e CloneZilla |
Programas de software libre de recuperación de desastres que serve para a clonación de discos e particiones, polo que evitaremos formateos innecesarios cada vez que o sistema sufra danos ou perda rendemento. | http://falandodastics.wordpress.com |
| Montaxe Electrónica: Multisensor co IC741 |
Todo o que tes que saber para poder montar cos teus alumnos un único circuito con sensores intercambiables de luz, temperatura e humedade. Flexibilidade para que un relé responda a incrementos do estímulo ou a baixadas do mesmo. | Multisensor_fundamentos.pdf Multisensor_circuito.pdf datasheet_741.pdf imaxes.7z |
| Edición dixital de video con Cinelerra |
Edición de video dixital, ideal para informática de 4º ESO, empregando unha ferramenta de categoría profesional como o Cinelerra e que encima é software libre para linux. | |
| Extensións OpenOffice |
Igual que Firefox, OpenOffice tamén ven con extensións que se poden utilizar para mellorar as súas funcionalidades e que son moi útiles para o uso cotidiano. | EXopenoffice.pdf |
| Extensións Firefox |
Firefox ven con extensións que se poden utilizar para mellorar as súas funcionalidades e que son moi útiles para o uso cotidiano. | EXfirefox.pdf |
| Detección de DNA con métodos caseiros |
Descubrir, ou detectar, a presencia de dna mediante unha sinxela reacción química na que se empregarán compostos químicos ordinarios, que podes atopar na túa casa. | |
| Iluminación solar |
Montaxe de diferentes sistemas de iluminación eficiente en baixa tensión que se poden alimentar con baterías. Tamén se experimentará como recargar baterías con diferentes fontes para non quedar nunca sen enerxía. | |
| Robots en Acción |
Robótica práctica con Lego Mindstorms NXT. Programación de robots con NXT-G Educational para a resolución de desafíos robóticos. | www.tecnoloxia.org |
| Hot Potatoes |
Conxunto de ferramentas gratuitas para el elaborar contidos dixitais interactivos. | |
| Ensambles de Madeira |
Realización de un ensamble de cola de milano oculto para unir dúas madeiras pola esquina (90º), traballarase sobre todo coa trencha. | |
| Tecnoloxía Máxica |
O que se pretende con este obradoiro é que os profesores aprendan a facer maxia
co obxectivo de motivar os alumnos a hora de presentar os diferentes
contidos didácticos. Utilízanse ferramentas e obxectos de uso cotiá na aula para realizar
os diferentes xogos. Aplicación do método de proxectos a construción dun xogo de maxia. Aplicación das novas tecnoloxías a maxia.
| |
| Electromagnetismo |
Experiencias que se poden facer no taller: visualización do campo magnético, inducción electromagnética...e algúns proxectos de exemplo. | |
| Cabri |
Coñecer as posibilidades de Cabri Geometre para a realización de xeometría plana e descritiva e para a construción de mecanismos que funcionen. Exposición de contidos, propostas e resolución de supostos prácticos. | manual_cabri_es.pdf |
| Sincronización na Nubetér |
Hoxe en día traballamos en distintos ordenadores e xeralmente temos unha información distinta en cada un, aquí aprenderemos que programas e utilidades podemos usar para ter acceso sempre a toda a nosa información. | Nube.pdf |
| Electricidade Solar pouco Convencional |
Métodos pouco comúns de producción de electricidade a partir da enerxía solar. Un sistema térmico con concentrdor e motor Stirling e un sistema de almacenamento de hidróxeno solar e pila de combustible. | |
| Materiais e Estructuras |
Simplificación de estructuras para facer na clase, a base de
madeira, formigón, formigón armado e cartón. Elaboración dun
plástico. | |
| Iniciación ao control programable con Arduino |
Iniciación á programación do sistema Arduíno mediante montaxes básicas coas que se poderán construir sistemas de control e robots. | Obradoiro_ARDUINO_2010.pdf |