APETEGA

Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA

>> Principal
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Lexislación
>> Convocatorias
>> Revista e CD
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro

>> Plataforma Estatal
>> Blog apetega virtual
>> Rolda de correo

>> Contacta

logo apetega
Novas de APETEGA Actualizado o 06/05/2006
imaxe: exposiciónTecnoloxía na rúa II. Exposición de proxectos de tecnoloxía.
Compostela, 2 de xuño de 2006.

Este ano volvemos de novo á rúa cos proxectos dos nosos alumnos e alumnas. Será o venres 2 de xuño pola tarde, posiblemente na Praza do Toural. Informaremos proximamente de máis detalles da convocatoria. De momento, ide preparando os proxectos deste ano.

Podes ver aquí a información da exposición que fixemos o curso pasado.

VI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
Grazas a todas e a todos pola vosa participación. Sen vós, as Xornadas de Tecnoloxía non serían posibles.

Se tes fotografías, vídeos e material dos obradoiros das xornadas de Xinzo da Limia, envíanolos para publicalos nesta web. De momento poder ir vendo nesta páxina as fotos que nos van chegando.

Publicación definitiva da LOE
Podes descargar xa o texto definitivo da LOE trala aprobación definitiva polo congreso o 20/04/06

Cero prazas de tecnoloxía na oferta de emprego 2006
¿Non dicían que non ían reducir o número total de horas trala reforma da LOE? Se é así, fai falta profesorado.
A especialidade de tecnoloxía é a que máis interinos e interinas ten ¿Non deberían ofertar prazas suficientes para estabilizar as plantillas dos departamentos?
Vanse unificar as modalidades de Tecnoloxía e CC da Natureza e da saúde ¿non fará falta profesorado de tecnoloxía en máis centros?
Estamos a traballar con ratios de 30 estudiantes no taller e na aula de informática ¿Non pensan desdobrar estes grupos para mellorar a calidade do ensino?

II JJIET. II Xornadas de Innovación en Educación Tecnolóxica
Xa podedes descargar o documento de conclusións das II JJIET dende esta páxina