Vindeiras Convocatorias

A educación Enerxética no Profesorado de Secundaria
2 de novembro de 2007 ao 30 de abril de 2008
iceA través dun convenio co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), o Instituto de Ciencias da Educación desenvolverá partir de novembro o curso de formación “A Educación Enerxética no Profesorado de Secundaria” de 100 horas homologado como curso de perfecionamento polo Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC. A duración do curso é 2 de novembro de 2007 ao 30 de abril de 2008.
Máis información aquí.

– ligazón permanente – Enviado o 12-10-2007
En caso de emerxencia, Ciencia (e tamén Tecnoloxía!)
Concurso escolar. Inscrición ata o 20 de outubro.
meteoritoUn meteorito vai impactar sobre a Terra. A luz do sol desaparecerá, a vida corre perigo…

Un equipo de estudantes, cos seus profesores e profesoras ao fronte, debe demostrar que a vida no Planeta Azul seguirá sendo posíbel, presentando propostas de solución dos problemas derivados da nova situación: Obtención e distribución da enerxía, obtención, almacenamento e conservación de alimentos, desenvolvemento de novos procesos produtivos e métodos de obtención de materias primas, establecemento dunha rede de comunicacións entre comunidades, deseño de refuxios habitables, etc.

Máis información en http://feugr.ugr.es/concursociencia/

– ligazón permanente – Enviado o 11-10-2007
IX Concurso escolar Enerxía e Sociedade
Inscrición ata o 31 de octubro de 2007
maquetaO Foro da Industria Nuclear Española ,que ten entre os seus obxectivos principais a divulgación dos usos da enerxía nuclear no entorno escolar, convoca a novena edición do Concurso Escolar Enerxía e Sociedade, dirixido a alumnos e alumnas de tódolos niveis de ensino secundario co obxectivo de fomentar o traballo en equipo e sensibilizar á xente nova co bo uso da enerxía.

Consiste na categoría A na elaboración dun póster ou maqueta sobre o tema “enerxía e sociedade”, e na modalidade B a elaboración dunha redacción sobre o mesmo tema.

Podes consultar aquí as bases do concurso

– ligazón permanente – Enviado o 05-10-2007
Concurso escolar 2007-2008 Consumópolis3
sobre o consumo responsable
consumópolisO Instituto Nacional do Consumo e as comunidades autónomas organizan o Concurso Escolar 2007-2008 Consumópolis3 para mozos/as escolarizados/as no terceiro ciclo de Ensinanza Primaria e primeiro e segundo ciclos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO).

O principal obxectivo do concurso é fomentar a participación dos centros educativos, a través do profesorado e do alumnado, en actividades relacionadas coa educación do consumidor para así sensibilizar os escolares da importancia que ten realizar os actos de consumo de forma consciente, crítica, solidaria e responsábel.

Tes máis información na web de consumópolis

– ligazón permanente – Enviado o 05-10-2007
II Concurso de carteis de APETEGA
Presentación de traballos ata o día 20 de decembro
Un novo curso convócase o Concurso para a creación do cartel oficial das Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, que lembramos este ano van pola súa VIII edición e se celebrarán os días 18 e 19 de abril no IES “Gregorio Fernández” de Sarria (Lugo).

E un novo ano animámosvos a que participedes cos vosos alumnos e alumnas aproveitando a oportunidade que ofrece o presente concurso, en canto a que supón unha desculpa para motivar ao alumnado no traballo dos contidos correspondentes ao deseño asistido por ordenador, así como a que poidan amosarnos a súa creatividade (como tantas veces nos teñen sorprendido).

Podes consultar as bases aquí.

– ligazón permanente – Enviado o 04-10-2007
I Xornadas de Software Libre no Ensino
Ourense, 5, 6, 19 e 20 de outubro de 2007
A Asociación Cultural Ourensana de Software Libre (OUSLI) organiza en Ourense as primeiras xornadas que se programan no país en torno a aplicación dos programas abertos nas aulas.OUSLI

A organización pretende “proporcionar un punto de encontro onde estudantes, docentes, investigadores e profesionais das TIC tomen contacto e coñezan experiencias educativas con Software Libre”. Para logralo, OUSLI anuncia a presencia de relatores procedentes de varias autonomías.

A cita será durante dúas fins de semanas de outubro (os días 5, 6, 19 e 20 dese mes) na capital das Burgas. O prazo de inscrición remata o día 1 de outubro, cun prezo de 40 euros para o público en xeral, aínda que hai descontos para estudantes.

Fonte: canal Fwwwrando de vieiros.
Máis información en https://encontros.ousli.org/index.php