Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Vindeiras Convocatorias


Se sabes dalgunha convocatoria interesante para o profesorado de tecnoloxía de Galicia, escríbenos un correo a web@apetega.org para publicala nesta sección. Indica un título, un subtítulo (datas de interese, ...), unha breve descrición que inclúa o lugar e datas do evento e unha ligazón onde ampliar a información.


I Congreso Nacional Internet en el Aula


Modalidades virtual e presencial

Internet en el aula

O obxectivo xeral do "I Congreso Nacional Internet en el Aula" é  favorecer a sensibilización da comunidade docente española (Infantil, Primaria, ESO, FP, Bacharelato e Educación Especial) no uso das TIC, co fin de servir de catalizador para acelerar a integración das novas tecnoloxías dentro e fóra da aula, e, en xeral, en tódolos procesos do centro.

A modalidade virtual celebrarase dende o 1 de abril ata o 30 de outubro de 2008 de 2008, e ofrecerá aos participantes a posibilidade de expoñer e compartir as súas experiencias, á vez que permitirá a formación e  a aprendizaxe colaborativa.

A modalidade presencial celebrarase de maneira simultánea durante os días 26, 27 e 28 de xuño en 4 cidades españolas (Barcelona, Granada, Madrid e Santander), utilizando as TIC como mecanismo de interacción entre tódalas sedes.

Máis información en:



- ligazón permanente - Enviado o 29-03-2008

Artifex. Exposición de Enxeñería Romana en España


Vigo, ata ó 27/04/2008

ArtifexO legado técnico da enxeñería romana a través das súas innovacións e logros en diversos ámbitos é o asunto central da exposición "Artifex", que efectúa un percorrido polos diferentes avances técnicos dos romanos na súa enxeñería civil.

A presentación dos contidos faise a través de cinco áreas temáticas. A primeira delas, "A construción: materiais e maquinaria", contempla as principais técnicas e materiais utilizados polos construtores romanos. Na área II, "As comunicacións, calzadas, pontes e portos", trátase da construción de infraestruturas para o transporte. "A cidade e o seu equipamento" trata fundamentalmente o tema do abastecemento da auga na cidade e as obras de saneamento urbano. Na área IV, dedicada a "Minería e Metalurxia", exponse o panorama das principais explotacións de minerais metálicos da Península Ibérica. Finalmente, na área V trátase de determinadas "Técnicas e artes industriais".

  • Lugar: Museo Municipal Quiñones de León
  • Horario: Xeral:
    De martes a sábados: 17.00 – 20.00 h.
    Domingos e festivos: 10.00 – 13.30 h.
  • Prezo: Entrada libre e gratuíta.
  • Datas: Ata ó 27/04/2008

Grupos con reserva previa: O Museo ofrece unha visita guiada á exposición, coa realización dun obradoiro didáctico.
Datas e horarios: Martes: 10.30-11.30 h. Xoves: 10.30-11.30 h. Sábados: 17.30- 18.30 h.
Reserva no teléfono: 986 460812

Máis información en: xornal.vigo.org



- ligazón permanente - Enviado o 27-02-2008

Imaxina Futuro 2008


até o 30 de abril de 2008

MNCTO Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía e a fundación de apoio ó MNCT convocan a IV edición do concurso "Imaxina Futuro" no que xóvenes de 7 a 9 anos e de 10 a 12 anos terán a oportunidade de amosar as súas ideas acerca do futuro da ciencia e da tecnoloxía.

Bases do concurso

- ligazón permanente - Enviado o 18-02-2008

Dos ábacos aos computadores


Compostela, 29 de xaneiro a 26 de marzo de 2008

ábacoEsta exposición pretende presentar, diacronicamente, o proceso do cálculo na sociedade ata a chegada da informática e facer fincapé na instrumentación actual para intentar amosar como pode ser o futuro.

Iníciase cunha introdución aos métodos de calculo na humanidade: dende os ábacos na cultura oriental, ata o cálculo da cultura islámica pasando polas achegas da cultura grecorromana.

Un paseo pola matemática moderna hanos levar a coñecer as calculadoras primeiras da historia: máquinas de Pascal, Babbage, Hollerith, Torres Quevedo ... etc. A súa presentación hanos permitir comprender como o progreso no cálculo matemático leva ao deseño das primeiras máquinas.

O século XX é o século da informática. O desenvolvemento científico permite o deseño tecnolóxico de novas máquinas –os ordenadores– pero estas maquinas actúan sinerxicamente sobre o cálculo impulsando un maior desenvolvemento das matemáticas. Expoñeranse moitas das máquinas que coñecemos: o primeiro UNIVAC 1130 da USC, as máquinas perforadoras de tarxetas, as primeiras memorias electrónicas, máquinas de cálculos diversos, distintos compoñentes dos ordenadores, etc.

Trátase de que a sociedade entenda como foron evolucionando os ordenadores historicamente, ata o que son hoxe. Entender como 20 anos na vida das máquinas cambia a potencia de cálculo, a memoria, o tamaño, ou o deseño.

Horario: 29 de xaneiro de 2008 - 26 de marzo de 2008
Lugar: Igrexa da Universidade. Praza da Universidade, s/n. 15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563 100; ext: 11020
Prezo: De balde

- ligazón permanente - Enviado o 08-02-2008

II Premio Espiral edublogs 08


do 17 de xaneiro de 2008 ata o 30 de abril de 2008

edublogs08Comeza unha nova andadura da Asociación Espiral, Educación y Tecnología  coa convocatoria do II Premio edublogs 08

Estes premios pretenden, entre outras cousas, valorar a importancia dos blogs en educación, recoñecer o traballo do profesorado e favorecer canles de opinión sobre a necesidade do uso dos blogs no entorno educativo.

O prazo de presentación de candidaturas comeza o 17 de aneiro e remata o 30 de abril de 2008.

Máis información en edublogs08

- ligazón permanente - Enviado o 08-01-2008

I Concurso de Técnica Libre: Ciencia e Tecnoloxía


Convoca UPCT-Fundación Séneca

I concurso técnica libreFacendo uso dunha técnica libre (fotografía, montaxe fotográfica, ilustración, cómic, etc) o obxecto do concurso é o de deseñar un modelo didáctico para responder a interrogantes, tales como “Por que”, “Para que”, “Como se fai, “Como funciona”, “Que fai",….plasmando a imaxe dun instrumento, un invento orixinal, unha máquina, un proceso físico o químico, una reacción, un modelo matemático, una formulación, un proceso biolóxico, o un concepto científico ou técnico… e aportando a esa imaxe un texto dinámico, comprensible e lúdico.

Hai dúas categorías de participación: Estudantes de ensino secundario e superior, e público en xeral.

O prazo para a presentación de candidaturas é do 26 de xaneiro ao 26 de febreiro de 2008.

Máis Información en: http://www.upct.es/contenido/seeu/_coie/divulgacion/concursos.php

- ligazón permanente - Enviado o 11-12-2007

[Páxina1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702