Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Vindeiras Convocatorias


Se sabes dalgunha convocatoria interesante para o profesorado de tecnoloxía de Galicia, escríbenos un correo a web@apetega.org para publicala nesta sección. Indica un título, un subtítulo (datas de interese, ...), unha breve descrición que inclúa o lugar e datas do evento e unha ligazón onde ampliar a información.


Artifex. Exposición de Enxeñería Romana en España


Vigo, ata ó 27/04/2008

ArtifexO legado técnico da enxeñería romana a través das súas innovacións e logros en diversos ámbitos é o asunto central da exposición "Artifex", que efectúa un percorrido polos diferentes avances técnicos dos romanos na súa enxeñería civil.

A presentación dos contidos faise a través de cinco áreas temáticas. A primeira delas, "A construción: materiais e maquinaria", contempla as principais técnicas e materiais utilizados polos construtores romanos. Na área II, "As comunicacións, calzadas, pontes e portos", trátase da construción de infraestruturas para o transporte. "A cidade e o seu equipamento" trata fundamentalmente o tema do abastecemento da auga na cidade e as obras de saneamento urbano. Na área IV, dedicada a "Minería e Metalurxia", exponse o panorama das principais explotacións de minerais metálicos da Península Ibérica. Finalmente, na área V trátase de determinadas "Técnicas e artes industriais".

  • Lugar: Museo Municipal Quiñones de León
  • Horario: Xeral:
    De martes a sábados: 17.00 – 20.00 h.
    Domingos e festivos: 10.00 – 13.30 h.
  • Prezo: Entrada libre e gratuíta.
  • Datas: Ata ó 27/04/2008

Grupos con reserva previa: O Museo ofrece unha visita guiada á exposición, coa realización dun obradoiro didáctico.
Datas e horarios: Martes: 10.30-11.30 h. Xoves: 10.30-11.30 h. Sábados: 17.30- 18.30 h.
Reserva no teléfono: 986 460812

Máis información en: xornal.vigo.org



- ligazón permanente - Enviado o 27-02-2008

Ir a Convocatorias

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702