Vindeiras Convocatorias
Se sabes dalgunha convocatoria interesante para o profesorado
de tecnoloxía
de Galicia, escríbenos un correo a web@apetega.org para
publicala nesta sección. Indica un título, un subtítulo (datas de interese,
...), unha breve descrición que inclúa o lugar e datas do evento e unha
ligazón onde ampliar a información.
I Congreso Nacional Internet en el Aula
Modalidades virtual e presencial

O obxectivo xeral do "I Congreso Nacional Internet en el Aula" é favorecer a sensibilización da comunidade docente española (Infantil, Primaria, ESO, FP, Bacharelato e Educación Especial) no uso das TIC, co fin de servir de catalizador para acelerar a integración das novas tecnoloxías dentro e fóra da aula, e, en xeral, en tódolos procesos do centro.
A modalidade virtual celebrarase dende o 1 de abril ata o 30 de outubro de 2008 de 2008, e ofrecerá aos participantes a posibilidade de expoñer e compartir as súas experiencias, á vez que permitirá a formación e a aprendizaxe colaborativa.
A modalidade presencial celebrarase de maneira simultánea durante os días 26, 27 e 28 de xuño en 4 cidades españolas (Barcelona, Granada, Madrid e Santander), utilizando as TIC como mecanismo de interacción entre tódalas sedes.
Máis información en:
| Ir a Convocatorias
|