Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Vindeiras Convocatorias


Se sabes dalgunha convocatoria interesante para o profesorado de tecnoloxía de Galicia, escríbenos un correo a web@apetega.org para publicala nesta sección. Indica un título, un subtítulo (datas de interese, ...), unha breve descrición que inclúa o lugar e datas do evento e unha ligazón onde ampliar a información.


Semana da Ciencia 2006


Do 6 ao 19 de novembro

Do 6 ao 19 de novembro celebrarase unha nova edición da Semana da Ciencia, unha celebración de ámbito europeo que pretende salientar a importancia da investigación científica e tecnolóxica para acadar o progreso e o benestar social. Nesta ocasión, as actividades da semana estenderanse ata o próximo 31 de decembro coa neurociencia como protagonista. Museos, universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos, asociacións e fundacións organizarán os 101 actos encadrados na Semana, unha iniciativa da Consellaría de Innovación e Industria que se desenvolverá por vilas e cidades de toda Galiza.
Máis información aquí: www.semanadaciencia.org

- ligazón permanente - Enviado o 02-11-2006

ArtFutura 2006


As novas formas de representar a información

En Vigo, do 26 ao 29 de outubro poderemos ver no Marco obras de artistas, deseñadores e tecnólogos interesados por deseñar novas maneiras de representar e visualizar o movemento constante de datos que nos rodea, tras o auxe das tecnoloxías sociais como os blogs e os novos paradigmas como o da web 2.0.
Máis información en Máis alá, de vieiros

- ligazón permanente - Enviado o 20-10-2006

Diverciencia


Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía na sociedade

O director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia, presentou onte en Santiago de Compostela o programa Diverciencia, polo que se financian arredor dun cento de actividades de divulgación da ciencia e da tecnoloxía.

As actividades, que se desenvolven ao longo de todo o ano 2006, comparten o carácter lúdico, a orixinalidade, a interactividade co público e a súa adaptación a todos os públicos. En xeral, os obxectivos que perseguen son promover a comunicación e a difusión da ciencia e a tecnoloxía para que o conxunto da sociedade recoñeza a importancia da I+D+I e sensibilizar ao conxunto da sociedade da importancia da ciencia e da tecnoloxía para o desenvolvemento económico e o benestar social de Galicia.

Máis información en: http://www.diverciencia.org

- ligazón permanente - Enviado o 20-10-2006

Observatorio para a Cibersociedade


III edición do Congreso online

Política e cambio social, identidade e grupos sociais, comunicación e cultura, educación e aprendizaxes, crítica e innovación. Velaí os temas arredor dos que se organiza a terceira edición do Congreso online do Observatorio para a Cibersociedade.
Até o próximo 30 de outubro, a organización chama ao envío de colaboracións e propostas de debate.
Máis información

- ligazón permanente - Enviado o 16-10-2006

Keco e a busca da ecopanda


Xogo-concurso para o primeiro ciclo da ESO

As Consellerías de Educación e de Medio Ambiente, xunto coa empresa Ecoembes, lanzan o videoxogo interactivo "Keco e a busca da ecopanda", destinado a que os rapaces e rapazas adquiran conciencia ambiental aprendendo a reciclar. O xogo consiste en axudar a un robot a recoller e separar correctamente o lixo mentres se responden preguntas relacionadas co ambiente.

Co xogo preténdese desenvolver a conciencia ambiental nos rapaces e rapazas, especialmente sobre a reciclaxe de residuos sólidos, para acadar un 100% de sostibilidade.

Ver ligazón

- ligazón permanente - Enviado o 06-10-2006

Sputnik: 50 anos de aventura espacial


concurso escolar 2007

Alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato poden participar nun concurso escolar para estimular o interese polas tecnoloxías espaciais. O certame está convocado no marco das actividades da “Semana Mundial do Espacio” organizada pola ONU, o Instituto de Técnica Aeroespacial e a Fundación Aerospacio.

O concurso divídese en tres modalidades: tecnolóxica, experimental, narrativa-cómic e animación.

Os traballos deberán presentarse entre o 1 de xaneiro e o 29 de febreiro de 2007, e os oito equipos gañadores participarán durante toda unha semana nun “campamento espacial” no que haberá actividades lúdicas e educativas. O premio inclúe, ademais, obradoiros de astronomía e visitas as instalacións do Centro de Astrobioloxía, o Complexo de Comunicacións Espaciais da NASA, a Estación de Seguimento de Satélites da ESA ou o Centro de Ensaios del Ariane.

Ver ligazón



- ligazón permanente - Enviado o 05-10-2006

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [Páxina12] [13] [14] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702