Vindeiras Convocatorias
Se sabes dalgunha convocatoria interesante para o profesorado
de tecnoloxía
de Galicia, escríbenos un correo a web@apetega.org para
publicala nesta sección. Indica un título, un subtítulo (datas de interese,
...), unha breve descrición que inclúa o lugar e datas do evento e unha
ligazón onde ampliar a información.
Tecnoloxía na rúa II. Exposición de proxectos de Tecnoloxía.
Compostela, Praza do Toural, 2 de xuño de 2006 ás 18:00
Este ano volvemos de novo á rúa cos proxectos dos nosos alumnos e alumnas. Será o venres 2 de xuño ás 18:00, na praza do Toural. Para que dito acto teña a resonancia que pretendemos nos viandantes e nos medios de comunicación necesítanse os vosos proxectos e a vosa participación. Veña, ide preparando os proxectos!!
Podes ver aquí a información
da exposición que fixemos o curso pasado.
Nova publicada na Voz de Galicia (21/05/2006)
|
Asemblea de APETEGA.
Compostela, IES Rosalía de Castro, 2 de xuño de 2006
Ao remate da mostra de proxectos celebrarase unha asemblea da asociación no IES Rosalía de Castro, ás 19:30 na que se tratarán, entre outros asuntos:
- Lectura e aprobación se procede da acta da asemblea anterior.
- Informe ós socios sobre os tramites administrativos que se están a
realizar.
- Resumo e conclusións das VI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.
- Planificación das vindeiras Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.
- Renovación da directiva.
- Novidades lexislativas que afectan á nosa área.
- Rogos e preguntas.
|
Galicia Innovación Junior 2006
A acción, enmarcada no Programa de Sensibilización Social do Plan Galego de I+D+i, tén por obxecto estimular o espírito creativo e a capacidade innovadora das rapazas e rapaces galegos, valorando especialmente a aplicación dos coñecementos adquiridos polos participantes na súa vida académica. Valorarase así mesmo a orixinalidade das propostas, a súa utilidade e as posibilidades reais de levalas á práctica.
As ideas seleccionadas son dos nosos alumnos e alumnas de tecnoloxía.
|
Educación enerxética para un futuro sostible
Habana, Cuba, do 1 ao 4 de novembro de 2006
Como
continuación do Congreso Internacional sobre enerxías alternativas
e o desenrolo sostible no ensino que tivo lugar en xullo do ano pasado
en Santiago de Compostela, celébrase este ano o evento "Educación
energética para un futuro sostenible" na cidade da Habana
do 1 ó 4 de novembro. APETEGA é entidade colaboradora no
congreso, coma no do ano anterior, polo que vos remitimos a información
correspondente á convocatoria
definitiva de dito evento.
|  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [Páxina14]
|