|
|
Vindeiras Convocatorias
Se sabes dalgunha convocatoria interesante para o profesorado
de tecnoloxía
de Galicia, escríbenos un correo a web@apetega.org para
publicala nesta sección. Indica un título, un subtítulo (datas de interese,
...), unha breve descrición que inclúa o lugar e datas do evento e unha
ligazón onde ampliar a información.
I Xornadas de Software Libre no Ensino
Ourense, 5, 6, 19 e 20 de outubro de 2007
A Asociación Cultural Ourensana de Software Libre (OUSLI) organiza en Ourense as primeiras xornadas que se programan no país en torno a aplicación dos programas abertos nas aulas.
A organización pretende "proporcionar un punto de encontro onde estudantes, docentes, investigadores e profesionais das TIC tomen contacto e coñezan experiencias educativas con Software Libre". Para logralo, OUSLI anuncia a presencia de relatores procedentes de varias autonomías.
A cita será durante dúas fins de semanas de outubro (os días 5, 6, 19 e 20 dese mes) na capital das Burgas. O prazo de inscrición remata o día 1 de outubro, cun prezo de 40 euros para o público en xeral, aínda que hai descontos para estudantes.
Fonte: canal Fwwwrando de vieiros.
Máis información en https://encontros.ousli.org/index.php
|
Premios a Materiais Educativos Curriculares.
CNICE. Convocatoria 2007.
ORDEN ECI/572/2007, de 23 de febreiro, pola que se convocan premios a materiais educativos curriculares en
soporte electrónico que podan ser utilizados e difundidos en Internet.
Podes consultar a información no BOE, nº63 (14/03/07)
|
VII Xornadas de informática aplicadas ao ensino
Lugo, 14, 15 e 16 de setembro
Xa están en marcha as xornadas de informática aplicada ao ensino, Infoensino, que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de setembro no Pazo de congresos e exposicións de Lugo.
Nestas Xornadas teremos a oportunidade de tomar ideas que están a desenvolver, compañeiros/as e outros/as profesionais co denominador común do uso da ferramenta informática.
- Poderemos coñecer o proxecto europeo en curso denominado "Intergeo", outro español, tamén en curso, denominado Mateslab.
- A fundación TIC de Lugo dará a coñecer o proxecto "Lugo en acción".
- O CESGA achegaranos ao software libre e ao e-learning.
- O director do CEFIRE de Elda mostraranos unha iniciativa de recursos educativos en CDROM.
- Dende o IES Jovellanos de Madrid mostraranos o que estase a realizar en Tecnoloxía a través dun taller de robótica con LEGO.
|
Premios a recursos educativos para a sociedade da información
DOG nº 121 do luns 25 de xuño
No DOG nº 121 do luns 25 de xuño saíu publicada a nova convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos recursos educativos para a sociedade da información 2007.
As modalidades nas que se poderá participar son as seguintes:
A-ferramentas de autor
B-materiais curriculares web
C-Galerías de imaxes e vídeos didácticos.
D-Aplicacións de software libre
Destinaranse 52.000 euros aos premios, cuns primeiros premios de 6000 euros nas modalidades A,B,D e de 3000 euros na modalidade C.
Poderá participar, a nivel individual ou en grupo, o profesorado de centros non universitarios sostidos con fondos públicos.
O prazo de participación comenza o día seguinte á súa publicación no DOG e rematará o 15 de setembro.
Máis información aquí
|
ASEMBLEA DE APETEGA
Venres 15 de xuño, despois da Mostra de Proxectos
Convócase a todos os socios e socias á vindeira asemblea de APETEGA que terá lugar o venres 15 de xuño no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda, coa seguinte ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Premios José Cantero.
- Análise das VII Xornadas de Tecnoloxía.
- Preparación das VIII Xornadas de Tecnoloxía.
- Proposta de novas actividades de APETEGA para o vindeiro curso.
- Análise do (borrador) Decreto da ESO.
- Elaboración da estatística de orzamentos e dotacións dos Departamentos de Tecnoloxía.
- Aspectos administrativos da Asociacion a mellorar para o vindeiro curso.
- Rogos e preguntas.
- Reparto de material didáctico en stock.
Coma sempre, pola importancia dos temas a tratar, prégase a asistencia de todos os socios e socias que poidan acudir.
|
Premio a Recursos Educativos para a Sociedade da Información
Ferramentas educativas dixitais en galego
O Diario Oficial de Galicia publicará proximamente a convocatoria do Premio a Recursos Educativos para a Sociedade da Información. Son en total 52.000 euros a repartir en catro categorías: ferramentas de autor,materiais curriculares web,aplicacións de software libre e galerías de imaxes e vídeos didácticos.
Os premios están destinados aos mestres do ensino público non universitario, segundo informa o portal do PEGSI. O prazo de presentación de candidaturas, que non se abrirá ata a publicación no DOG, rematará o vindeiro 15 de setembro.
|  [1] [2] [3] [4] [5] [Páxina6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] 
|