Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Vindeiras Convocatorias


Se sabes dalgunha convocatoria interesante para o profesorado de tecnoloxía de Galicia, escríbenos un correo a web@apetega.org para publicala nesta sección. Indica un título, un subtítulo (datas de interese, ...), unha breve descrición que inclúa o lugar e datas do evento e unha ligazón onde ampliar a información.


Galiciencia 2007


Semana da Ciencia e da Tecnoloxía en Tecnopole

tecnopoleA "Galiciencia 2007" que organiza o Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole,  pretende ser un punto de encontro entre os investigadores máis novos de toda Galicia, e vén substituir a ‘Expociencia’ coa pretensión de incentivar a participación de máis colexios e institutos galegos.

No certame Galiciencia 2007, que se desenvolverá no mes de novembro, rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos exporán os seus traballos de investigación e explicarán ao público asistente e a compañeiros e compañeiras doutros centros educativos os resultados das súas pesquisas (ver imaxe da exposición). O traballo gañador participará nun certame internacional.

Os centros de ensino que estean interesados en participar deben inscribirse canto antes enviando ao correo electrónico susi@tecnopole.es os seguintes datos:

  • Nome do centro
  • Profesor/a responsable:
    • Nome e apelidos
    • Teléfono de contacto
    • e-mail de contacto
Podes ver aquí a información sobre a exposición do ano 2006

- ligazón permanente - Enviado o 17-05-2007

V Edición dos Premios Educacompostela


do 28 de marzo ao 30 de xuño de 2007

0 concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega convocan a V edición dos Premios Educacompostela, co fin de recoñecer, promover, premiar e difundir os recursos educativos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica.
Poderán concorrer a eles centros de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.
O prazo de presentación dos traballos será do 28 de marzo ao 30 de xuño de 2007.
Contan cun primeiro premio de 1.200 €, un segundo de 900 € e un terceiro de 600 €.
Podes ver aquí as bases dos premios e unha guía

- ligazón permanente - Enviado o 16-05-2007

II Congreso Internacional Educación, enerxía e desenvolvemento sostible


As Pontes, do 27 ao 29 de xuño de 2007

educación enerxética- Ampliado o prazo de inscrición até o 30 de maio -

O II Congreso Internacional de Educación Enerxética, que se celebrará nas Pontes de García Rodríguez entre o 27 e o 29 de Xuño de 2007, pretende continuar o traballo xa iniciado en Santiago de Compostela hai dous anos. Un traballo consistente na formación continua do profesorado, por medio de conferencias, obradoiros prácticos e saídas didácticas realizadas por destacados especialistas; e tamén, na promoción e intercambio de experiencias educativas, de divulgación e de xestión, a través da presentación dos traballos en formato comunicación ou póster.

A nosa asociación, APETEGA,  figura como unha das entidades colaboradoras neste evento.

Podes consultar máis información aquí: www.educacionenergetica.org

- ligazón permanente - Enviado o 10-05-2007

Premios á Innovación Educativa


até o 15 de setembro de 2007

Trátase de 25 premios dirixidos a profesorado de centros sostidos con fondos públicos, que poderá optar, ben pola modalidade de experiencias que supoñan innovacións metodolóxicas e didácticas sobre calquera área ou sobre a organización dos centros docentes, ben pola modalidade de materiais educativos innovadores.
Podes consultar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 8 de maio de 2007.

- ligazón permanente - Enviado o 08-05-2007

Proxectos de innovación educativa para a incorporación das TICs ao proceso educativo.


DOG do 7 de maio de 2007

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 7 de maio de 2007 axudas para a realización de 10 proxectos de innovación educativa, que se desenvolverán no curso 2007-2008, para a incorporación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) ao proceso educativo.

Poderán participar nesta convocatoria os centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os beneficiarios recibirán un paquete multimedia e ata un máximo de 2.000 euros para a posta en marcha do proxecto educativo, así como asesoramento para o profesorado.

Máis información aquí.
Acceso ao DOG do 07-05-2007

- ligazón permanente - Enviado o 08-05-2007

III Mostra de Proxectos


Compostela, 15 de xuño de 2007

mostra de proxectosO día 15 de xuño de 2007 pretendemos levar a cabo a III Mostra de Proxectos na Praza do Toural en Santiago de Compostela. Unha inicitiva coa que pretendemos sacar á rúa os proxectos e demais traballos que realizamos nas aulas-obradoiro de Tecnoloxía.

A edición deste ano coincidirá coa entrega de galardóns da I edición galega dos premios José Cantero, convocatoria á que vos animamos á participar.

Para poder realizar con éxito a III Mostra de proxectos precísase a implicación e colaboración de todas e todos, por eso acordouse na última asemblea que a celebración da mostra estará supeditada a que haxa un mínimo de 25 colaboracións confirmadas para o día 16 de maio.

Coa fin de facilitar e coordinar os ofrecementos púxose á vosa disposición un formulario on-line e un listado, no que vos podedes anotar e consultar a participación.

Acude! Sen a túa participación a mostra non é posible.
Aproveita e presenta os teus proxectos aos premios José Cantero. Non perdes nada. Sen a túa participación tampouco é posible esta convocatoria.


- ligazón permanente - Enviado o 03-05-2007

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [Páxina7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702