|
|
Novas
MANIFESTO EN DEFENSA DA LINGUA GALEGA
A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) quere facer público o seguinte comunicado:
Como asociación de profesorado, queremos manifestar a nosa preocupación ante a intención do novo goberno de Galicia de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.
Consideramos que a lingua galega forma parte da riqueza e da idiosincrasia do noso país, e como todos sabemos o seu uso está en alarmante retroceso. Dende as institucións educativas debe ser transmitida e apoiada para fomentar o seu uso, buscando unha situación de igualdade real entre as dúas linguas de Galicia.
Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA)
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2009
|
V Mostra de Proxectos
Tecnoloxía na rúa
O día 12 de xuño de 2009, de 17:30 a 19:30 horas, realizaremos a V Mostra de Proxectos "Tecnoloxía na rúa" na praza do Toural de Santiago de Compostela.
Tendes máis información na sección "Mostra de Proxectos".
Debedes inscribirvos se ides participar levando proxectos, para facer unha previsión do número de mesas que farán falta, así como para coñecer os centros dos que proceden os proxectos.
Animádevos a participar!
|
IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
Ourense, 24 e 25 de Abril de 2009.
Estamos traballando co deseño das Xornadas, que se celebrarán no IES Otero Pedrayo de Ourense, os días 24 e 25 de Abril de 2009.
Manterémosvos informados de todo o que vaiamos concretando na sección Xornadas de Tecnoloxía
Se tedes algunha idea innovadora ou algunha proposta só tedes que poñervos en contacto con nós no enderezo:
xornadas@apetega.org
|
Robotop 2009
Invitación desde Portugal
O Club de robótica da Escola Secundária de TOMAZ PELAYO de Santo Tirso (Portugal), vai organizar novamente o
campeonato nacional de robots
robotop2009
a realizar nos dias 17, 18 e 19 de Abril de 2009 en Santo Tirso (Portugal).
|
Documentación da Xornada sobre Arduino
Xa podedes descargar a documentación da xornada sobre Arduino na sección "Imaxes e documentación.
| [Páxina1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19]  |