III Xornada Monográfica de APETEGA. Enerxía Solar
28 de novembro de 2009, IES Escolas Proval de Nigrán
O sábado 28 de novembro de 2009 celebraremos a III Xornada Monográfica de APETEGA no IES Escolas Proval de Nigrán. O tema da Xornada é "Enerxía Solar".
O prazo de inscrición estará aberto dende o luns 9 de novembro ás 22:00 h ata o venres 20 de novembro ás 20:00 h.
Tendes máis información na páxina das Xornadas Monográficas.
|