V Xornada Monográfica de APETEGA
O 12 de novembro de 2011. As redes sociais na educación.
O sábado, día 12 de novembro, celebraremos no I.E.S. de Brión a V Xornada Monográfica de Apetega.
O programa incluirá as ponencias de Juan José de Haro y Juan Carlos López Ardao, así como, unha charla da Guardia Civil sobre seguridade e privacidade. Tamén adicaremos un tempo na presentación de servicios web para o seu uso nas nosas clases.
O prazo de inscrición abrirase o 29 de outubro as 22:00h e pecharase o 5 de novembro as 20:00h. Para un total de 70 prazas e cunha cerfificación de 8 horas.
Máis información sobre o evento no díptico e na sección V Monográfica, que se está a crear pero que en breve, irá aparecendo máis detallada na web.
|