Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



Documentación das VII Xornadas


Tedes á vosa disposición na sección das xornadas, no apartado "Obradoiros" e "Documentación", a documentación correspondente a algúns obradoiros, comunicacións e conferencias das VII Xornadas de Tecnoloxía.

- ligazón permanente - Enviado o 03-05-2007

Borrador do Decreto de Educación Secundaria


Confírmase a reducción horaria para o ensino da Tecnoloxía

xuntaA Consellería de Educación acaba de facer público o seu último borrador do Decreto de Educación Secundaria.

Grazas ás mobilizacións que se fixeron nos últimos tempos, a consellería rectifica a súa prostura inicial de deixar a materia de tecnoloxías só no terceiro curso con 4 horas, e propón a seguinte distribución horaria: 3 horas en 2º de ESO e 2 horas en 3º de ESO. Este horario supón unha reducción do 28,6% do horario obrigatorio respecto á situación actual.

No 4º curso de ESO ofértanse con tres horas semanais a materia de Tecnoloxía e a materia de informática. Para esta última o profesorado da especialidade de Tecnoloxía temos preferencia na súa impartición sobre o resto de especialidades, segundo o que comunicou a Directora Xeral nas reunións directores da semana pasada.

Respecto ao currículo, publícase un currículo común para 2º e 3º "Tres primeiros cursos. Tecnoloxía", sen especificar qué contidos vanse impartir en cada curso.

Respecto aos programas de diversificación curricular, o borrador establece cambios: O ámbito científico - tecnolóxico incluirá, como mínimo, os correspondentes ás materias de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxías. Se a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria incorpora un ámbito de carácter práctico incluirá no mesmo os contidos correspondentes a tecnoloxías.

Podes consultar aquí o borrador.

- ligazón permanente - Enviado o 30-04-2007

Grupo de novas do PNTIC


agora o acceso é restrinxido

Para participar no grupo de novas de Tecnoloxía do PNTIC:

debedes escribir ao webmaster e solicitar o nome de usuario e contrasinal.

- ligazón permanente - Enviado o 29-04-2007

APETEGA en Radio Galega


Entrevista no programa efervesciencia

efervescienciaO domingo 22 de abril, no programa efervesciencia de Radio Galega falaron do ensino da Tecnoloxía. En que consiste a materia de Tecnoloxía? que estudan os rapaces e rapazas na escola? Cales son as inquedanzas do profesorado desta disciplina? EFERVESCIENCIA asiste en Vilagarcía ás VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia organizadas por Apetega.

Adicaron parte do programa a unha entrevista a compañeiros de APETEGA.

Podes escoitar a entrevista nesta ligazón

- ligazón permanente - Enviado o 22-04-2007

O MEC presenta o novo Bacharelato


Comezará a implantarse o curso 2008-2009



- ligazón permanente - Enviado o 22-04-2007

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [Páxina11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702