|
|
Novas
Participa nas xornadas

Como sabes, este fin de semana celebranse as Xornadas de Tecnoloxía. Ditas Xornadas son de formación e participación, é son xá un referente para moitos profesores e profesoras desta área. Animamoste a participar, e a que llo comentes aos teus compañeiros e compañeiras de departamento que nunca asistiron, para que o fagan e as coñezan.
|
VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
Quedan poucos días
Queda menos dunha semana para o comezo das VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.
Recordámosvos que tendes información actualizada (programa, obradoiros ofertados, información complementaria e de interese,...) , na sección "Xornadas de Tecnoloxía" da nosa web.
Tamén tedes a vosa disposición un formulario on-line que vos facilitará o proceso de inscrición.
Se tes algunha pregunta no dubides en enviar un mail a xornadas@apetega.org.
Vémonos en Vilagarcía!!
|
Votacións no consello escolar do día 13 de abril
Aprobouse a proposta da UXT
No Consello Escolar anterior aprobáranse 6 horas obrigatorias para Tecnoloxía, e neste último houbo "rebaixas":
Proposta da Administración (4 horas obrigatorias de Tecnoloxía)
- Votos a favor: 14
- Votos en contra: 9
- Abstencións: 11
Proposta da CIG: (6 horas obrigatorias de Tecnoloxía)
- Votos a favor: 4
- Votos en contra: 17
- Abstencións: 12
Proposta de UXT: (5 horas obrigatorias de Tecnoloxía)
- Votos a favor: 16
- Votos en contra: 8
- Abstencións: 9
O ditame global foi aprobado por 16 votos a favor, 3 en contra e 13 abstencións. (ler a información)
Chama a atención o número de votos a favor da proposta da Administración, que contempla unha reducción do 43% do horario obrigatorio para a Tecnoloxía, e só 4 votos a favor de manter a tecnoloxía en 2 cursos con 6 horas, cando iso fora aprobado no consello escolar anterior.
Cál será a decisión final da Consellería de Educación?
|
O Consello Escolar aproba unha hora máis para tecnoloxía en 2º.
Segue habendo perda horaria para a tecnoloxía respecto á situación actual
Respecto á última proposta que presentou a Consellería o mércores, que propuña dúas horas para 2º de ESO e dúas horas para 3º, prodúcese a seguinte modificación no Consello Escolar de hoxe: 3 horas en 2º de ESO e 2 horas en 3º.
En total perderiamos dúas horas respecto á situación actual, as correspondentes ao primeiro curso de ESO, o que supón un 28% menos de horario obrigatorio para tecnoloxía (o horario optativo queda igual que na actualidade)
Recordámosvos que o Consello Escolar de Galicia é un órgano consultivo, e as súas propostas non son vinculantes. A Consellería pode facer o que queira.
Máis información: CIG-Ensino
|
Venres 13, ás 16:45, concentración diante da EGAP onde se reunirá o Consello Escolar de Galiza.
Acude con cartaces!
Despois do éxito de participación da folga e manifestación de onte, seguimos amosando a nosa desconformidade co proxecto da Consellería de reducir 3 horas o ensino obrigatorio da Tecnoloxía. Se podes, acude á concentración que vai ter lugar no EGAP ás 16:45 onde vai ter lugar a reunión do Consello Escolar de Galicia, onde se decidirá definitivamente cómo vai quedar o ensino de Tecnoloxía na ESO.
Cómo chegar:
Escola Galega de Administración Pública
Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4
15707 Santiago de Compostela, A Coruña
ver rueiro
Tedes fotografías da manifestación de onte nesta páxina
|  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [Páxina12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20]  |