Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



Ante a proposta insuficiente da Consellaría, folga 12 de abril


A consellería non rectifica e segue a marxinar a Tecnoloxía.

A proposta que acaba de presentar a Consellería de Educación aos sindicatos segue propoñendo un total de 4 horas obrigatorias para tecnoloxía: dúas horas en 2º de ESO e 2 horas en 3º de ESO (a proposta inicial da Consellería era de 4 horas en 3º de ESO), o que supón unha reducción do 43% respecto ao horario obrigatorio actual.

É unha vergoña que en pleno século XXI se propoña unha reducción tan drástica para o ensino da tecnoloxía. No caso de aprobarse este cadro horario, Galicia sería a Comunidade Autónoma do Estado que menor carga lectiva dedica á cultura tecnolóxica, en consonancia cos informes sobre I+D+i, percepción social sobre temas científicos e tecnolóxicos, etc.

Debemos, unha vez máis, amosar a nosa desconformidade con esta proposta, secundando a folga convocada para mañá día 12 de abril e acudindo masivamente á manifestación en Compostela que sairá ás 11:30 da praza de Cervantes, e intentar que a Consellería de Educación rectifique a súa proposta ou, polo menos, que sexa consiente do noso rexeitamento á barbaridade que está a facer co ensino obrigatorio.

Por unha educación tecnolóxica de calidade para tod@s!
A Tecnoloxía é cultura!

- ligazón permanente - Enviado o 11-04-2007

FOLGA O 12


cartaz maniEntérate ben:

 O día 12 temos a derradeira ocasión para amosar a nosa disconformidade coa proposta de horarios da Consellería de Educación, e intentar que viren a súa postura.

Vémonos ás 11:30 na praza de Cervantes en Compostela.
Levade todo aquelo que serva para chamar a atención e armar moito barullo.

- ligazón permanente - Enviado o 10-04-2007

VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia


Vilagarcía de Arousa, 20 e 21 de abril

xornadasSó faltan 15 días para as VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, ¿vas perdelas?

Recordámosvos que tendes información actualizada (programa, obradoiros ofertados, información complementaria e de interese,...) , na sección "Xornadas de Tecnoloxía" da web da asociación.

Tamén tedes a vosa disposición un formulario on-line que vos facilitará o proceso de inscrición.

E se te animas a impartir un obradoiro, participar na exposición de proxectos,... ou tes algunha pregunta no dubides en enviar un mail a xornadas@apetega.org.

Vémonos en Vilagarcía!!

- ligazón permanente - Enviado o 05-04-2007

FOLGA o día 12 de abril. Manifestación en Compostela.


Convocada para as especialidades de Tecnoloxía, Música e Plástica.

A Consellaría de Educación, ante as mobilizacións levadas a cabo polo profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica,  vai reconsiderar a súa proposta de carga lectiva na ESO, e dará unha resposta definitiva o día 13 de abril. 
Por iso agora, máis ca nunca, debemos responder de forma masiva á folga do vindeiro 12 de abril. Lembrade que nesa data temos convocada unha manifestación en Compostela que sairá ás 11:30 da praza de Cervantes.

Pregamos que lle chegue esta información a tódalas compañeiras e compañeiros do departamento de Tecnoloxía. Queremos recordar que moitas profesoras e profesores levan dedicado gran parte do seu tempo a defender o ensino tecnolóxico, e son xente coma ti. Non esquezas que dignificar o noso traballo tamén é cousa túa.


- ligazón permanente - Enviado o 31-03-2007

Ditame do Consello Escolar de Galiza sobre as cargas horarias na ESO


A consellaría vai reconsiderar a súa postura ...?

A Consellaría, ante as mobilizacións levadas a cabo polo profesorado afectado, vai reconsiderar a súa proposta de cargas lectivas na ESO e manifestou que traerá ao Pleno do Consello Escolar do vindeiro 13 de abril unha nova proposta que incidirá no horario das materias de tecnoloxía, plástica e música. Para iso terá en conta a proposta da Permanente do Consello Escolar que traslada que se incrementen as cargas horarias a 6 horas en tecnoloxía, 4 en plástica e 4 en música.

Ler a nota de prensa da CIG

- ligazón permanente - Enviado o 29-03-2007

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [Páxina13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702