|
|
Novas
NOVAS ACTUACIÓNS REIVINDICATIVAS: ACUDE POLA CALIDADE DO ENSINO!!
Máis convocatorias para facernos escoitar!
Logo do éxito das dúas últimas actuacións nas que pretendiamos que a Consellería nos escoitara nas nosas reivindicacións, e tamén contando coa colaboración do sindicato CIG, É MOI IMPORTANTE QUE CONTINUEMOS MANTENDO A NOSA DETERMINACIÓN A PROTESTAR POLA REDUCIÓN HORARIA QUE A CONSELLERÍA QUERE ACOMETER! Por esta razón, convocamos a todo o profesorado de Tecnoloxía que poida asistir ós seguintes actos reivindicativos:
- Luns 26 de marzo ás 11:00 horas, na entrada do edificio administrativo da Xunta en Santiago.
Representantes de APETEGA, ASOMÚSICA e do sindicato CIG farán entrega no Rexistro da Consellería de Educación das sinaturas recollidas en contra da proposta da Consellaría pola que se reducen os horarios de Tecnoloxía, Música e Plástica. Lembrámosche que tamén se pode asinar on-line en: http://www.cig-ensino.com/sinaturas.php
- Mércores 28 de marzo ás 16:30 horas, na entrada do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), situado en S. Lázaro (Santiago de Compostela). Aquí terá lugar a celebración do Consello Escolar de Galicia, no que se debatirán, entre outras cousas, as emendas presentadas á proposta de carga horaria que fixo a Consellería de Educación. Aínda que é un día de xuntas de avaliacións nos centros escolares, PRÉGASE QUE TODO O PROFESORADO QUE POIDA ASISTIR ACUDA PARA QUE OS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR SAIBAN DAS NOSAS NOSAS REIVINDICACIÓNS E SE SENSIBILICEN CON ELAS.
ACUDE!! A LOITA POR UN ENSINO DO SÉCULO XXI DE CALIDADE AÍNDA ESTÁ EN PÉ!
|
NOVA ACTUACIÓN DEFENDENDO O NOSO
Porque non nos deixamos pisar!!
Con motivo da celebración das Xornadas de Educación Plástica e Visual, organizadas pola  Consellería de Educación, profesores e profesoras de Tecnoloxía, Plástica e Música e representantes da CIG xuntámonos onte, 23 de marzo, no Pazo de Congresos de Santiago para facérmonos escoitar diante da Conselleira, que ía inauguralas... Non apareceu nin a Conselleira nin a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, si o fixo a Subdirectora Xeral de Innovación, disposta a levar a cabo a inauguración das mesmas. Dada a situación que se creou, co salón de actos onde ía ter lugar a inauguración ocupado e revolucionado con pancartas e megáfonos, a Subdirectora Xeral finalmente decidíu non saír dun dos despachos do pazo onde se atopaba e cancelar a celebración das Xornadas.
AGORA A CONSELLERÍA SABE QUE IMOS EN SERIO NAS NOSAS REIVINDICACIÓNS!!
|
MOBILIZACIÓN EN CONTRA DA REDUCIÓN HORARIA
Facéndonos escoitar!!

O mércores 21 de marzo, preto dun milleiro de docentes das especialidades de Tecnoloxía, Plástica e Música, xunto con representantes da CIG, organización sindical convocante, percorreron as rúas de Santiago, dende a praza da Quintana ata o edificio da Consellería de Educación en S. Caetano, MANIFESTANDO ENERXICAMENTE O SEU DESACORDO E MALESTAR POLA ABSURDA REDUCIÓN HORARIA QUE A CONSELLERÍA PRETENDE ACOMETER NAS TRES ÁREAS.
Podedes ver imaxes da mobilización pinchando aquí.
|
CONCENTRACIÓN o mércores 21 de marzo
Derradeira batalla pola tecnoloxía
Tal e como se acordou hoxe venres 16 de marzo pola tarde na asemblea que se celebrou no IES "Monte de Conxo" de Santiago, convocada polo sindicato CIG, para todo o profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica, O MOMENTO DECISIVO CHEGOU: o mércores 21 de marzo concentrarémonos o profesorado das tres especialidades en Santiago de Compostela.
Actuaremos do seguinte xeito:
- Ás 11:30 faremos unha primeira concentración na Praza da Quintana de Santiago de Compostela. Nela van a realizar unha "actuación" de protesta profesores e profesoras de música e plástica e tamén estaremos canda eles o profesorado de tecnoloxía coas nosas pancartas.
- Ás 12:30os que participen da primeira concentración na Quintana chegarán ao Edificio Administrativo de s. Caetano para unirse aos compañeiros e compañéiras que só poidan chegar para esta hora. Aquí estará o momento de maior reivindicación: teñen que oír as nosas consignas na consellería e ten que recibirnos a conselleira.
Recordade, traede pancartas e mesmo calquera obxecto co que facer barullo.
Non nos podemos deixar pisar. O noso traballo e a calidade do ensino están en xogo...
PÁSAO!!!!!
|
Campaña de recollida de sinaturas
pola modificación dos horarios da ESO
O sindicato CIG propúxonos ao profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica asistente, entre outras medidas, realizar unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar unha modificación da proposta da Consellaría pola que se reducen os horarios de Tecnoloxía, Música e Educación Plástica e Visual na ESO.
Para aqueles que non vos chegue o documento ao centro podédelo descargar de aquí.
Tamén podedes ainar en liña dende este enderezo: http://www.cig-ensino.com/sinaturas.php
|  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [Páxina14] [15] [16] [17] [18] [19] [20]  |