|
|
Novas
Asembleas do profesorado de Tecnoloxía, Plástica e Música
Convoca CIG-Ensino
Ante a situación derivada da proposta da Consellería sobre a carga horaria destas tres áreas, a CIG-Ensino convoca a todo o profesorado destas especialidades a asistir ás asembleas que se van a realizar en:
- Santiago: Mércores día 14 ás 18:30 h. no IES Xelmirez I
- A Coruña: xoves día 15 ás 19:00 h. No IES Rafael Dieste
- Lugo: mércores día 14 ás 18:30 h. No IES Lucus Augusti
- Pontevedra: mércores día 14 ás 18:30 h. no salón de actos do Edificio Sindical
- Ourense: mércores día 14 ás 19:00 h. no IES Otero Predrayo
- Ferrol: mércores día 14 ás 18:30 h. no IES Otero Predrayo
- Vigo: mércores día 14 ás 19:00 h. no IES Politéncico
- Burela: mércores día 14 ás 18:30 h. no IES Monte Castelo
- Cambados: mércores día 14 ás 18:30 h. no IES Francisco Asorey
- Asemblea para toda Galiza: Venres día 16 ás 18:00 h. No IES Monte do Conxo. Santiago de Compostela.
Máis información aquí
|
Borrador do Currículo da ESO
Tecnoloxía aparece só en 3º e 4º
Faise pública a proposta de decreto do currículo da ESO que se debaterá proximamente no Consello Escolar.
Podedes consultala en http://www.cig-ensino.com/descargas/00776.pdf
|
VII XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA
Xa se pode realizar a inscrición
Estimad@s compañeir@s:

Como saberedes de anteriores anuncios, as VII Xornadas de Tecnoloxía vanse celebrar este curso os días 20 e 21 de abril no IES "FERMÍN BOUZA BREY" de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Nos vindeiros días recibirides por correo postal no voso centro, á atención do Departamento de Tecnoloxía, información sobre as mesmas, tamén accesible na ligazón Xornadas de Tecnoloxía.
Un saúdo a tod@s.
Vémonos en Vilagarcía!!!
|
Concurso de cartaces das VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
Xa temos cartaz gañador!!
O xurado do concurso para a elección do cartaz anunciador das VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, composto por:
- Atanes Limia, Xosé Manuel
- García Nimo, Obdulia
- Loureiro González, María
- Noya Dopazo, Roberto Xosé
- Ramos Ferreiro, Agustina
decidíu premiar e polo tanto elixir como cartaz oficial das VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia ao realizado por:

ALBERTO SANTÍN FERNÁNDEZ,
do CPI “Uxío Novoneira” (Pedrafita do Cebreiro):
Dende APETEGA queremos dar os nosos parabéns ao alumno gañador e as grazas a todos os participantes pola calidade das obras recibidas, as cales se poden visualizar na ligazón seguinte:
|
Informe sobre o acontecido na Mesa Sectorial
A CIG defendeu a nosa proposta
Podedes ver aquí a información que nos envía a CIG sobre o acontecido na Mesa Sectorial do 5 de marzo.
Infórmannos tamén de tódalas iniciativas que realizou este sindicato en defensa da tecnoloxía.
|  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [Páxina15] [16] [17] [18] [19] [20]  |