Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



Proposta conxunta APETEGA-ASOMUSICA


é posíbel unha distribución horaria máis coherente

As asociacións do profesorado de tecnoloxía, APETEGA, e de música, ASOMUSICA, estivemos traballando na elaboración dunha proposta de horario co fin de que a teñan presente na mesa sectorial do vindeiro luns 5 de marzo, na que se tratará o tema, convencidos de que hai máis posibilidades que a da Consellería de Educación dun reparto horario máis equitativo da asignación horaria que non implique reduccións tan drásticas para Tecnoloxía, Música e Ed. Plástica, coma as do borrador que veñen de presentar.
- Ver proposta

Comunicados:
- Comunicado de APETEGA
- Carta aos sindicatos

- ligazón permanente - Enviado o 05-03-2007

A Consellería de Educación propón unha reducción brutal para a Tecnoloxía na Educación Secundaria Obrigatoria


Publicado o borrador do cadro horario da ESO

Podedes ver aquí o cadro horario proposto pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia:

A materia de Tecnoloxía resulta a máis perxudicada de todas as materias da ESO, cunha reducción horaria do 43%. Esta decisión vai en sentido contrario das recomendacións internacionais en materia educativa e das necesidades educativas da sociedade actual.

A formación científico-tecnolóxica (matemáticas, ciencias e tecnoloxía) que o alumnado recibirá de xeito obrigatorio non chega ao 25% do horario total nos 4 cursos da ESO.

- ligazón permanente - Enviado o 02-03-2007

Percepción pública sobre a Ciencia e a Tecnoloxía


Galicia na cola

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía fixo unha enquisa para coñecer a percepción pública sobre a Ciencia e a Tecnoloxía. Os resultados deixan moito que desexar, e resulta especialmente preocupante a situación na que queda Galicia. Fixádevos nas asombrosas diferencias que atopamos en diversos puntos do Estado. 

Gráfica: Interese pola cinecia e a tecnoloxía. Galicia na cola.
O Ministerio de Educación, coa drástica reducción da ensinanza da tecnoloxía que aprobou na LOE, non fai nada por solucionar este problema, máis ben todo o contrario, pero en Galicia parece que desexamos seguir á cola do estado. Segundo os borradores publicados, mentres que na maioría de Comunidades Autónomas o estudo da Tecnoloxía será obrigatorio para todo o alumnado en dous ou tres cursos, cun mínimo de 6 horas, en Galicia a nosa Consellería de Educación pretende deixar estas ensinanzas no mínimo que marca a normativa: 4 horas nun só curso. Parece que nos alegramos de estar na cola.

- ligazón permanente - Enviado o 18-02-2007

Preparando as vindeiras xornadas


Solicitude de colaboración

Estamos a traballar na organización das VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia que, como todos sabes terán lugar o vindeiro mes de abril (20 e 21) nos IES Fermín Bouza Brey, en Vilagarcía de Arousa.
Como nas anteriores edicións a maior parte do programa estará adicado a obradoiros e é aquí onde solicitamos a vosa colaboración:

  • ben sexa para levar a cabo algún deles;
  • para recomendarnos a algún coñecido que o pode facer;
  • ou simplemente para darnos ideas de obradoiros que pensades poderían ser interesantes.
Se queres colaborar, escríbenos a xornadas@apetega.org
En breve estara á vosa disposición na web de apetega o programa e demais información de interese.

- ligazón permanente - Enviado o 07-02-2007

Axudas para actividades de formación


para o ano 2007

Reintegros individuais para actividades formativas levadas a cabo polo profesorado non universitario durante o ano 2007.
Para maior información chamar ao Servizo de Formación do Profesorado: 981-546506


- ligazón permanente - Enviado o 07-02-2007

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [Páxina16] [17] [18] [19] [20] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702