Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



Premios José Cantero. I Edición Galega.


até o 11 de maio de 2007

Xa está en marcha a primeira edición dos Premios José Cantero en Galicia.

José CanteroOs premios José Cantero, convocados pola Fundación Epson | Instituto de Tecnoética, están destinados a premiar aos mellores traballos de Bacharelato, 2º ciclo da ESO e ciclos formativos no ámbito das tecnoloxías e os seus impactos sociais. Estes galardóns gozan dunha longa traxectoria en Catalunya, onde alcanzan xa a súa VII edición, e por primeira vez este ano fanse extensivos a Galicia, coa colaboración da Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA.

Os traballos deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos. Poden ser de carácter práctico, experimental ou de investigación, pódense inscribir en calquera ámbito da tecnoloxía ou ben consistir nunha reflexión sobre o seu impacto social.

Concederanse 5 premios que serán, cada un deles, un lote de material informático valorado en 1.230 Euros, distribuídos da seguinte maneira: 550 Euros para o autor/a ou autores/as; 250 Euros para o titor/a ou titores/as e 430 Euros para o centro.

O prazo de entrega da documentación é até o 11 de maio de 2007. A notificación do xurado será o 15 de xuño de 2007

Podes atopar as bases dos premios na nosa web, ou na web da Fundación Epson | Instituto de Tecnoética.


¡Animádevos a participar!

- ligazón permanente - Enviado o 23-01-2007

V Premios Galicia Innovación Júnior


-imaxina-inventa-innova-

galicia innovacion junior 2007
 
Xa está en marcha a edición 2007 do Concurso Galicia Innovación Júnior, organizado pola Consellería de Industria e Innovación da Xunta de Galicia.
Poderán participar todos os rapaces e rapazas galegos ou residentes en Galicia de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos de idade, en dúas categorías: de 12 a 15 anos e de 16 a 18 ambos incluídos.

Os premios serán, segundo a categoría, ordenador portátil, cámara de fotos dixital, reprodutor de música dixital con disco duro ou memoria flash, ou ben, diferente material informático se o traballo se presenta en grupo.

O concurso consta de dúas fases, unha primeira onde se presenta a idea, e unha segunda onde se desenvolve a idea se esta foi seleccionada. O prazo de presentación remata para esta primeira fase o 6 de marzo de 2007 e para a segunda o 20 de maio de 2007

Máis información na web Concurso Galicia Innovación 2007.

- ligazón permanente - Enviado o 10-01-2007

Aviso sobre o concurso para a creación do cartaz oficial das VII Xornadas de Tecnoloxía


Amplíase o prazo de presentación ata o día 26 de xaneiro

Logo da petición feita por varios compañeiros, amplíase o prazo para a presentación de orixinais ao concurso de cartaces a partir do cal se escollerá o oficial que anuncie as próximas VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia. O novo prazo é ata as 14:00 horas do día 26 de xaneiro. As bases pódense consultar aquí.

- ligazón permanente - Enviado o 09-01-2007

Reunión coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa


A Administración fai oídos xordos das nosas reivindicacións

O pasado xoves, 14 de decembro, ás 13:00h a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Mª José Pérez Mariño, e a subdirectora xeral de Innovación Educativa, Victoria Navaza, recibiron a representantes da directiva de APETEGA (Obdulia García, presidenta, e Xosé Manuel Atanes, vicepresidente).

O que sacamos en claro:

- "Tecnoloxías” terá 4 horas no terceiro curso da ESO.

- As optativas, Informática e Tecnoloxía do 4º curso terán 3 horas.

Os representantes de APETEGA presentamos un documento por escrito no que se recollían:

  • Todas as dúbidas en referencia ao futuro da materia na ESO (solicitando resposta por escrito, que se negaron a dar)
  • Unha serie de propostas para a mellora da calidade do ensino tecnolóxico
  •  A proposta da asociación para a modalidade científico-tecnolóxica do bacharelato na LOE.


- ligazón permanente - Enviado o 21-12-2006

Xornada de protesta diante da Consellería


200 docentes en defensa da educación tecnolóxica

O martes 28 de novembro de 2006, ás 12:00h, diante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tivo lugar unha concentración de profesores e profesoras de tecnoloxía de Galicia, cerca de douscentos docentes, en protesta polo borrador do Real Decreto de Ensinanzas Mínimas para o desenvolvemento da LOE (aprobada a pasada primavera). A convocatoria foi realizada pola Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) co apoio de todas as organizacións sindicais con representación na nosa comunidade (ANPE, CCOO, CIG, CSI-CSIF, FETE-UGT e STEG).

Con este acto pretendían facer publica a súa desconformidade coa reducción de contidos e drástica reducción horaria que sufrirá a materia que imparten na etapa da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) se non se modifica o Real Decreto. No caso de Galicia implicaría un 40% menos de horas.

A sociedade debe estar informada, debe coñecer que o Ministerio de Educación e Ciencia, co consentimento de todas as Comunidades Autónomas, considera que a educación tecnolóxica non é importante na sociedade actual, unha sociedade de información e totalmente dominada polo avance da tecnoloxía.

É preocupante que co novo Real Decreto os alumnos poden saír da ESO sen estudiar temas de tanta actualidade como: Enerxías, Máquinas térmicas, Instalacións, Tecnoloxías da Comunicación, Electrónica, Tecnoloxía e Sociedade, ....

Cando as directrices da comunidade europea no ámbito do ensino avogan por unha ensinanza tecnolóxica de calidade; cando diferentes estudios internacionais poñen a España á cola en coñecementos e avances tecnolóxicos; cando o colexios de enxeñeiros e escolas e facultades que imparten estudos científico-técnicos defenden unha educación tecnolóxica básica na etapa obrigratoria; e cando o propios docentes expoñen a necesidade de máis horario para poder impartir con calidade todos os contidos que abrangue a materia ¿En qué fundamenta o goberno a decisión de reducir, de deixar en 4h obrigatorias a modo simplemente testemuñal, a tecnoloxía? Quizais porque nunha sociedade cada vez máis globalizada e interdependente entre si non sexan necesarios coñecementos tecnolóxicos; porque para que un país desenvolva avances tecnolóxicos non son necesarios cidadáns e cidadás capacitados na materia.

Un país que non promocione a cultura tecnolóxica está condenado a dependencia e ao atraso económico, social e cultural.

O profesorado de tecnoloxía está convencido que o noso país necesita un ensino do século XXI, unha educación tecnolóxica de calidade. ¡SI Á TECNOLOXÍA!

A tecnodirectiva

Máis información e fotos da concentración


- ligazón permanente - Enviado o 30-11-2006

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [Páxina17] [18] [19] [20] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702