Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



Asemblea e Concentración


Defendamos a área de Tecnoloxía

Dada a gravidade da situación actual da ensinanza da Tecnoloxía tra-la difusión do Borrador do Real Decreto de Ensinanzas Mínimas, convocamos a tódolos socios e socias de APETEGA e a todo o profesorado de Tecnoloxía de Galicia en xeral a participar nas seguintes accións:

  1. Asemblea extraordinaria de apetega.

Terá lugar o vindeiro venres 24 de novembro ás 20:00 horas na biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela. Como único punto da orde do día informarase e debatirase sobre a grave situación na que se atopa a nosa área e medidas que como colectivo debemos tomar.

  1. Concentración de protesta.

cartel

Como xeito de facernos escoitar, farase unha concentración de protesta diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 12:00 horas do martes 28 de novembro. Dado que este acto será o de maior relevancia pública, resulta imprescindible que nos xuntemos o maior número posible de persoas, polo que se pide a máxima difusión da convocatoria desta concentración entre os compañeiros e compañeiras.

Envía esta información a tódolos compañeiros de Tecnoloxía que coñezas, difunde a grave situación na que se pode quedar a nosa área... Defendamos a nosa área e o noso traballo.



- ligazón permanente - Enviado o 21-11-2006

Drástica reducción horaria


Posible situación

No caso de que a Consellería de Educación non contemple un aumento do horario de Tecnoloxía na lexislación galega, poderíase perder a seguinte carga horaria na ESO:

Horas obrigatorias: Borrador MEC: 4 (140) Galicia: 7 (245) (-43%)
Horas optativas:
Borrador MEC: 2 (70) Galicia: 3 (105) (-33%)
Total: Borrador MEC:
6 (210) Galicia: 10 (350) (-40%)

Como vedes a situación é moi grave. A Consellería ten o poder que aumentar este horario facendo uso do % que lle corresponde á nosa Comunidade Autónoma, pero ¿terá pensado usar as súas competencias para arranxar esta desfeita?

- ligazón permanente - Enviado o 21-11-2006

Comunicados de PEAPT


decreto de ensinanzas mínimas

A Plataforma Estatal de Asociacións do Profesorado de Tecnoloxía (PEAPT), na que está integrada APETEGA, transmitiu aos dirixentes do Ministerio de Educación o malestar e indignación do profesorado de Tecnoloxía tra-lo coñecemento do borrador do Real Decreto de ensinanzas mínimas difundido recientemente, e solicitou unha rectificación no que concerne ao ensino da Tecnoloxía na Educación Secundaria Obrigatoria.



- ligazón permanente - Enviado o 21-11-2006

Concurso para a creación do cartaz oficial das VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia


Dirixido ao alumnado de Tecnoloxía

APETEGA convoca un concurso para o deseño do cartaz anunciador das VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.
Podes descargar aquí as bases do concurso

- ligazón permanente - Enviado o 06-11-2006

Importante reducción horaria para Tecnoloxía


Desastre na educación secundaria

Acábase de publicar o borrador do real decreto de ensinanzas mínimas.

No anexo final veñen as horas.
de 1º a 3º: 140 horas (corresponde a 4 horas semanais. Agora temos 7)
en 4º: Tecnoloxía: 70 horas (corresponde a 2 horas semanais. Agora temos 3

O Ministerio de Educación destrúe completamente a ensinanza da Tecnoloxía na Educación Secundaria. Lamentable.

- ligazón permanente - Enviado o 31-10-2006

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [Páxina18] [19] [20] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702