|
|
Novas
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
A sede estará na Coruña
A sede do Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía estará no edificio Prisma de Cristal, situado en San Roque, na bahía coruñesa.
Unha boa nova para a difusión da Ciencia e da Tecnoloxía na nosa comunidade.
Ler máis
|
VII Xornadas de Tecnoloxía de Galiza
Vilagarcía de Arousa, 20 e 21 de abril de 2006
Información sobre as vindeiras xornadas:
- Centro de celebración: IES Fermín Bouza Brey . Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
- Datas: 20 e 21 de abril de 2007
- Manterase a visita didáctica, que se celebrará o venres 20 de abril pola mañá.
- A asemblea ordinaria que se celebraba sempre ao remate das xornadas adiantarase ao sábado ao mediodía.
|
Galicia carece de enxeñeiros para máis de 600 empresas tecnolóxicas
Déficit do mercado laboral
Segundo La Voz de Galicia, en Galicia hai sen cubrir 1.137 postos para enxeñeiros e técnicos de telecomunicacións, unha cifra notable que retrae ás empresas á hora de instalarse na comunidade.
Lonxe de estimular no alumnado de Educación Secundaria o interese polos estudios técnicos, os de maior saída laboral, a reforma da LOE supón un paso atrás nesta orientación, dado o tratamento que se lle da á ensinanza da tecnoloxía.
Estamos á espera da publicación dos decretos que regulan a ESO e o Bacharelato. Un recorte do ensino da tecnoloxía nestes niveis suporía un grave retroceso para o noso país.
|
Asemblea de APETEGA
Venres, 6 de outubro de 2006
Comunícase a tódolos socios e socias que o vindeiro venres día 6 de outubro de 2006, ás 20:00 horas na biblioteca do IES "Monte de Conxo" de Santiago de Compostela, celebrarase unha asemblea ordinaria de APETEGA coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Presentación dos novos membros da directiva.
- Estado actual de tramitación da LOE. ELABORACIÓN DO NOVO CURRÍCULO DE TECNOLOXÍA.
- Xornadas de Xinzo. Concesión da homologación e subvención por parte da Consellería. Entrega de diplomas.
- Organización das vindeiras VII Xornadas de Tecnoloxía.
- Convocatoria de APETEGA entre os escolares galegos para a realización do cartaz das vindeiras xornadas.
- Sorteo dos libros-resumo do Congreso Internacional sobre educación, enerxía e desenvolvemento sostible que regalou o ICE a APETEGA.
- Información sobre o "Taller Internacional Educación energética para un futuro sostenible".
- Actualización da base de datos de socios.
- Rogos e preguntas.
Dada a importancia dos temas a tratar, en especial o referido á elaboración do novo currículo da área de Tecnoloxía, animamos á asistencia de tódolos socios e socias que poidan acudir.
|
Mergúllate na Ciencia
22 de setembro de 2006
O próximo 22 de setembro as localidades galegas de Vigo, A Coruña e Celeiro acollerán a Noite dos Investigadores. Trátase dunha iniciativa europea que pretende achegar a figura do investigador á sociedade en xeral. En Galiza o proxecto desenvólvese baixo o título xenérico de Mergúllate na ciencia, en referencia ao tema que serve de fío condutor ás actividades: a investigación mariña.
Falta a tecnoloxía no título, pero non nas actividades: Aprender a manexar un robot submarino, tecnoloxías de envasado en atmosferas modificadas (EAM), instrumentos de navegación, vehículos de hidróxeno, etc.
Ver ligazón
|  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [Páxina19] [20]  |