Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



Inscrición na IV Mostra de Proxectos


Información sobre o desenvolvemento da mostra

Na sección "Mostra de proxectos" tedes toda a información relativa á IV Mostra de proxectos de Tecnoloxía que se desenvolverá en Compostela o venres 6 de xuño.

Debedes inscribirvos se ides participar levando proxectos, para facer unha previsión do número de mesas que farán falta, así como para coñecer ós centros dos que proceden os proxectos.

Animádevos a participar!

- ligazón permanente - Enviado o 28-05-2008

IV MOSTRA DE PROXECTOS


tecnoloxía na rúa

   O día 6 de xuño de 17:30 a 19:30 horas realizaremos a mostra de proxectos na praza do Toural de Santiago de Compostela.
   Esta actividade é de grande calado, pois tratase de mostrarlle á sociedade o que facemos dentro das aulas de Tecnoloxía. Como dicimos no cartel, tratase de “Tecnoloxía na rúa”, para que os paseantes podan observar, distraerse e comentar cos seus veciños o que viron na Praza.
   Debedes de traer todos aqueles proxectos que fixestes na aula e que a vós vos gusten,e por suposto se asistides cos alumnos e alumnas mellor. Tamén recomendamos aos compañeiros e compañeiras de Santiago e cercanías que animen ao seus alumnos e alumnas a achegarse por alí.
 Moitas grazas polo voso esforzo a pro da Tecnoloxía.

 



- ligazón permanente - Enviado o 26-05-2008

SECUNDAMOS ÁS PROTESTAS


A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), reunida en Asemblea Extraordinaria o luns 28 de abril, decide apoiar a convocatoria de folga do martes 29 de abril, e a manifestación con saída da Praza do Toural ás 11:30 ata a Consellaría de Educación, en Santiago de Compostela.

A Xunta Directiva de APETEGA



- ligazón permanente - Enviado o 28-04-2008

A TECNOLOXÍA NO BACHARELATO


No Borrador do Bacharelato para Galicia podemos ler:

Disposición transitoria terceira. Oferta de modalidade do bacharelato 

"Sen prexuizo do establecido no artigo 5º.7 deste decreto, os centros que na actualidade non viñan ofrecendo a modalidade de bacharelato tecnolóxico, non ofrecerán as materias de Electrotecnia e Tecnoloxía industrial I e II ata que conten cos recursos específicos para seren impartidas."

Desde APETEGA opinamos que se contradice o Real Decreto 1467/2007, pois "Os centros ofrecerán a totalidade das materias das modalidades ofertadas".

É responsabilidade, deber e obriga da Consellería de Educación poñer a disposición de tódolos centros o recursos específicos necesarios para impartir as materias de modalidade, e garantir o acceso de todo o alumnado galego que o desexe ás materias tecnolóxicas da modalidade de Ciencia e Tecnoloxía.



- ligazón permanente - Enviado o 22-04-2008

VIII XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA


Xa está dispoñible o programa e o formulario de inscrición

Estimad@s compañeir@s:

Como saberedes de anteriores anuncios, as VIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia vanse celebrar este curso os días 18 e 19 de abril no IES "GREGORIO FERNÁNDEZ" de Sarria (Lugo). Estes días estaredes a recibir por correo postal no voso centro, á atención do Departamento de Tecnoloxía, información sobre as mesmas, tamén accesible na ligazón Xornadas de Tecnoloxía.


Un saúdo a tod@s.

Vémonos en Sarria!!!

- ligazón permanente - Enviado o 13-03-2008

<anterior [1] [2] [3] [Páxina4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702