|
|
Novas
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2008
Convocaronse 54 prazas para Tecnoloxía. Está toda a información na páxina da Consellería.
|
Premio nunha convocatoria de recursos educativos innovadores.
Na modalidade de materiais curriculares web o 1º premio foi para o traballo : A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial, realizado por un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda, coordinados por Antonio Lomba Baz profesor de Tecnoloxía.
O resultado final é unha páxina web multimedia e interactiva, que emprega as últimas tecnoloxías para a elaboración deste tipo de materiais, na que se aborda a auga e a enerxía hidráulica dende a perspectiva das distintas especialidades dos autores. A páxina pode visualizarse aquí
|
VIII XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA
18 e 19 de abril no IES Gregorio Fernández de Sarria (Lugo)
Coa resolución do II Concurso de carteis de APETEGA, botaron a andar as VIII Xornadas de Tecnoloxía.
Ao igual que nas anteriores edicións a maior parte do programa estará adicado a obradoiros, velaquí que solicitemos a vosa colaboración:
- ben sexa para levar a cabo algún deles;
- para recomendarnos a algún coñecido que o poida realizar;
- ou simplemente para darnos ideas de obradoiros que pensades poderían ser interesantes.
En breve estara á vosa disposición na web de apetega o programa e demais información de interese.
Esperamos as vosas suxestión e ofrecementos en xornadas@apetega.org
|
Asemblea de APETEGA
Convócase a todos os socios e socias á unha asemblea extraordinaria de APETEGA que terá lugar o vindeiro venres 8 de febreiro do 2008 na biblioteca do IES "Monte do Conxo" de Santiago de Compostela, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda, coa seguinte ORDER DO DÍA:
1. Toma de posesión da nova directiva.
2. Proposta de cambios nos estatutos.
3. Petición de dotación das aulas de Tecnoloxía.
4. Rogos e preguntas.
Atentamente: A Xunta Directiva de APETEGA
|
Resolución do II concurso de carteis de APETEGA
Xa hai cartel gañador!!
Comezou a conta atrás para ás VIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia pois xa temos cartel oficial!!
O xurado do concurso para a elección do cartel anunciador deste ano estivo composto polos seguintes profesores:
- Arias Cerdeiriña, Pilar Saínza
- Atanes Limia, Xosé Manuel
- García Sanz, Luís
- Nieto González, Ángeles
- Ramos Ferreiro, Agustina

e decidíu premiar o traballo realizado por CRISTINA IGLESIAS, alumna de 4º de ESO do IES "Fermín Bouza Brei" de Vilagarcía de Arousa:
Dende APETEGA queremos dar os nosos parabéns á alumna gañadora e as grazas a todos os participantes pola calidade das obras recibidas, as cales se poden visualizar na ligazón seguinte:
Cómpre dicir que na galería aparecen todos os traballos presentados, pero non todos foron valorados por non respectar as bases da convocatoria.
|  [1] [2] [3] [4] [Páxina5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20]  |