|
|
Novas
Avaliación na ESO
DOG do 07/01/08
Publicada a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia
Ler a orde no DOG do 07/01/08
|
CONCURSO DE CARTEIS DAS VIII XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA
Prazo de presentación de traballos: ata o xoves 20 de decembro ás 14:00 horas
Estimad@s compañeir@s:
Lembrarvos que este xoves, 20 de decembro, ás 14:00 horas remata o prazo de presentación de traballos para o concurso que elixirá o cartel anunciador das VIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia. Aínda se está pois a tempo de participar. Tedes máis información pinchando aquí.
Animade aos vosos alumnos e alumnas a participar!!
|
Informe PISA
O alumnado galego aproba en ciencias e suspende en matemáticas e lectura, que son as tres únicas áreas do coñecemento avaliadas. Supera en cinco puntos a media, e presenta resultados similares a países como Francia, Irlanda ou Suecia, tal e como se desprende do Programa para a Avaliación Internacional do Alumnado (PISA) da Organización para a Cooperación e o Desenrolo Económico (OCDE), feito público o 4 de decembro do 2007.
Lembremos que en dito informe non se avalía os coñecementos específicos sobre Tecnoloxía, que os consideran parte de Ciencias.
|
Asemblea de APETEGA
Sábado 17 de novembro ao remate da Xornada Monográfica
Convócase a todos os socios e socias á asemblea ordinaria de APETEGA que terá lugar o vindeiro sábado 17 de novembro no IES "Macías O Namorado" de Padrón, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda, coa seguinte ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Estado de contas.
- Informacións e cuestións administrativas.
- Propostas de modificación dos estatutos.
- Estado da LOE.
- Actividades formativas para o presente curso.
- Renovación de dous membros da directiva.
- Rogos e preguntas.
|
Real Decreto polo que se establece a estrutura do Bacharelato e fíxanse as súas Ensinanzas Mínimas
BOE 266/2007 de 6 de novembro de 2007
O goberno aprobou no consello de ministros do venres 2 de novembro de 2007 o novo Real Decreto polo que se establece a estrutura do Bacharelato e fíxanse as súas Ensinanzas Mínimas.
Hoxe, 6 de novembro de 2007, foi publicado no BOE (BOE 266/2007 de 6 de novembro de 2007)
Despois da súa concreción pola Consellería de Educación no seu correspondente Decreto, entrará en vigor no vindeiro curso escolar 2008-2009 en 1º de Bacharelato.
Podes consultar aquí a estrutura e os currículos das materias.
|  [1] [2] [3] [4] [5] [Páxina6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20]  |