|
|
Novas
I XORNADA MONOGRÁFICA DE APETEGA
Aumentado o límite de prazas a 84 persoas
Logo do gran interese que espertou no colectivo a convocatoria da I Xornada Monográfica, dende a directiva de APETEGA fíxose todo o posible por poder aumentar o número inicial de prazas de 60 participantes. Finalmente púidose aumentar o número máximo de asistentes á cifra de 84 prazas.
Esta limitación final vén dada polo espazo físico de traballo nas distintas dependencias do IES Macías o Namorado que se van a empregar e o máximo de asistentes que se poden atender no desenvolvemento da parte práctica da actividade (7 equipos de 12 compoñentes cada un).
Proximamente vaise enviar un correo confirmándolle a súa admisión a aqueles inscritos que corresponda. Recórdase que aquelas persoas que finalmente non poidan asistir débeno comunicar canto antes a xornadas@apetega.org para dalos e baixa e correr a lista cara ás persoas en espera.
|
Proxecto de RD de especialidades docentes
Ditaminará a adscrición de materias por Departamentos
O Ministerio de Educación está a traballar na elaboración dun proxecto de RD de especialidades docentes. O documento en cuestión pódese consultar aquí, e a partir del podemos chegar a concluír, coas cautelas que supón a interpretación de textos deste tipo e que aínda sexa un borrador, o seguinte:
- O profesorado de Tecnoloxía sería o asignado para impartir Informática naqueles centros onde non haxa profesorado de FP da especialidade de Informática (Anexo III, páx. 8)
- Lamentablemente, determinadas especialidades de FP (Organización e procesos de mantemento de vehículos, Organización e proxectos de fabricación mecánica, Organización e proxectos de sistemas enerxéticos, Sistemas electrotécnicos e automáticos e Sistemas electrónicos) poderían impartir as materias de Tecnoloxía Industrial I e II e Electrotecnia (Anexo V, páx. 10), claramente asignadas ao profesorado de Tecnoloxía no Anexo IV (páx. 9).
|
Límite de prazas para a I Xornada monográfica de APETEGA
O número máximo de participantes é de 60
Á vista do éxito de inscrición que está tendo a I Xornada Monográfica e debido ao límite de aforo do salón de actos e dos obradoiros do IES "Macías O namorado", así coma ó número máximo de visitantes que admiten en Cortizo, vaise limitar o número de participantes a 60.
Recordámosvos que a admisión na actividade será por rigorosa orde de inscrición nas mesmas. De superar os 60 inscritos, aquelas persoas que se sigan anotando a partir deste número quedarán en situación de reserva por se se dan baixas (o cambio de situación comunicaráselle por mail aos correspondentes "suplentes"). As persoas que queden en situación de reserva e non sexan socias deben agardar ata a confirmación de inscrición por mail para realizar o ingreso.
De seren moitas as persoas que queden fóra da actividade debido a esta limitación estudiarase facer unha nova xornada monográfica na segunda avaliación.
|
I XORNADA MONOGRÁFICA DE APETEGA
"O traballo cos materiais"
Coa fin de aumentar a oferta formativa que a Asociación pon a disposición dos seus socios e socias, e do profesorado de Tecnoloxía en xeral, convócanse este curso por primeira vez as Xornadas Monográficas de APETEGA,
Esta I Xornada Monográfica de APETEGA versará sobre "O traballo cos materiais", e celebrarase o sábado 17 de novembro no IES "Macías O Namorado" de Padrón (A Coruña).
No apartado Xornadas Monográficas tedes completa información sobre as mesmas.
Animádevos a participar!
|
II CONCURSO DE CARTEIS DE APETEGA
Presentación de traballos ata o día 20 de decembro
Un novo curso convócase o CONCURSO PARA A CREACIÓN DO CARTEL OFICIAL DAS XORNADAS DE TECNOLOXÍA, que lembramos este ano van pola súa VIII edición e se celebrarán os días 18 e 19 de abril de no IES "Gregorio Férnández " de Sarria (Lugo).
E un novo ano animámosvos a que participedes cos vosos alumnos e alumnas aproveitando a oportunidade que ofrece o presente concurso, en canto a que supón unha desculpa para motivar ao alumnado no traballo dos contidos correspondentes ao deseño asistido por ordenador, así como a que poidan amosarnos a súa creatividade (como tantas veces ben seguro vos teñen sorprendido).
Podes consultar as bases aquí e a galería de traballos presentados o ano pasado aquí.
|  [1] [2] [3] [4] [5] [6] [Páxina7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20]  |