Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



"Instrucións" da S.X. de Innovación Educativa para as Áreas de Música, Plástica e Tecnoloxía


Carta enviada aos directores dos centros con data do 21 de setembro de 2007

No Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia, non se recolle a secuenciación por cursos nin os criterios de avaliación para o primeiro dos cursos nos que se imparten as materias de Música, Plástica e Tecnoloxía. Esto é debido a que cando se estaban a elaborar os currículos só tiñamos presencia nun curso da ESO. Foi con posterioridade, e grazas ás presións dos colectivos de profesores especialistas, cando se ampliou a carga horaria e se pasou a ter presenza en dous cursos. Presumiblemente a administración fixo este cambio sen tempo suficiente para modificar o texto do Decreto, o cal debía publicarse no verán para poder cumplir co calendario de implantación da LOE, de onde se deduce porque non se fixo unha secuenciación de contidos por cursos coma nas demais áreas da ESO.

Como nos indican no texto da carta, tras ler os Anexos II e III do citado Decreto, queda claro que os contidos alí recollidos deben impartirse, con diferente grao de profundización nos dous cursos, e que, a diferencia do resto de áreas da ESO, en Música, Plástica e Tecnoloxía é o seu profesorado o responsable de concretar os obxectivos, contidos, criterios de avaliación,... para o primeiro curso no que se impartan.

Podes acceder á carta dende aquí.



- ligazón permanente - Enviado o 02-10-2007

Publicada a Orde que regula os Programas de Diversificación Curricular


DOG nº 161 do martes 21 de agosto de 2007

Pódese aceder ao texto de dita Orde coa seguinte ligazón. Destacar como máis salientable, tanto para os Programas de Diversificación Curricular dun ano (4º da ESO) coma de dous (3º e 4º da ESO), que a materia de Tecnoloxía:

  • Terá un "(...) carácter eminentemente práctico, que incluirá os contidos básicos correspondentes ás materias de tecnoloxías do terceiro curso e de tecnoloxía do cuarto"
  • Cursarase fóra do grupo de referencia.
  • Impartirase cunha carga horaria de 3 horas semanais.


- ligazón permanente - Enviado o 23-08-2007

Publicado o Decreto do currículo da ESO


DOG nº 136 do venres 13 de xullo de 2007

Podes acceder ao novo currículo da ESO a través da seguinte ligazón:

Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 13-07-07)DOG

  • Currículo de Tecnoloxía(s): páxina 12.160
  • Anexo III. Cadro de distribución horaria: páxina  12.196
  • Anexo IV. Relación de materias coas especialidades do profesorado: páxina 12.197


- ligazón permanente - Enviado o 14-07-2007

Decreto do Currículo da ESO


Próxima publicación no DOG

Como podedes comprobar na referencia ao último Consello do Goberno Galego, celebrado o pasado xoves 5 de xuño, xa está aprobado o Decreto polo que se establece o currículo da Ensinanza Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

A súa publicación no DOG será nos vindeiros días. Esperemos que non haxa ningunha sorpresa desagradable de última hora.

Manterémosvos informados.



- ligazón permanente - Enviado o 10-07-2007

Problemática co Programa de Gratuidade de Libros


Resposta da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Dada a importancia do tema, reproducimos resposta da diirectora xeral de Ordenación e Innovación Educativa que, a través do correo electrónico, fixo chegar a APETEGA. Resposta que podedes consultar aquí.

 



- ligazón permanente - Enviado o 10-07-2007

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [Páxina8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702