Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



Resumo da última asemblea de APETEGA


Celebrada no IES Rosalía de Castro o 15 de xuño

Aínda que xa foi enviado un correo electrónico aos socios e socias, dada a importancia dos temas tratados na última asemblea, pódese consultar un documento-resumo da mesma pinchando aquí.



- ligazón permanente - Enviado o 10-07-2007

Programas de Diversificación Curricular


Novo borrador da Consellería

A Consellería de Educación acaba de publicar un novo borrador polo que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria. (29/06/2007)

Respecto ó primeiro borrador publicado hai os seguintes cambios:

  • O ámbito científico-técnico incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de Matemáticas e Ciencias naturais.
    O primeiro borrador publicado incluía a materia de Tecnoloxías.
  • A materia de Tecnoloxías estudiarase en 3º e 4º de ESO cunha carga lectiva de 3 horas en cada curso e fóra do grupo de referencia.
    O primeiro borrador establecía unha carga lectiva de 2 horas semanais para cada curso.
Máis información no apartado de lexislación.

- ligazón permanente - Enviado o 30-06-2007

Imaxes da III Mostra de Proxectos de Tecnoloxía


Iremos subindo as que nos enviedes

Xa podes visualizar algunhas fotografías da III Mostra de Proxectos de Tecnoloxía de APETEGA organizada o pasado día 15 de xuño na Praza do Toural, en Compostela.


Se tes máis fotos e vídeos, envíanolas para publicalas na mesma sección.

- ligazón permanente - Enviado o 19-06-2007

INFORMACIÓN SOBRE A IMPLANTACIÓN DA LOE


Circular enviada pola Consellería

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, vén de facer público o seguinte documento no que establece o calendario de implantación da LOE e aclara algunhas dúbidas sobre o borrador do Decreto de ensinanzas mínimas para a ESO.

- ligazón permanente - Enviado o 13-06-2007

ASEMBLEA DE APETEGA


Venres 15 de xuño, despois da Mostra de Proxectos

Convócase a todos os socios e socias á vindeira asemblea de APETEGA que terá lugar o venres 15 de xuño no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda, coa seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Premios José Cantero.
  3. Análise das VII Xornadas de Tecnoloxía.
  4. Preparación das VIII Xornadas de Tecnoloxía.
  5. Proposta de novas actividades de APETEGA para o vindeiro curso.
  6. Análise do (borrador) Decreto da ESO.
  7. Elaboración da estatística de orzamentos e dotacións dos Departamentos de Tecnoloxía.
  8. Aspectos administrativos da Asociacion a mellorar para o vindeiro curso.
  9. Rogos e preguntas.
  10. Reparto de material didáctico en stock.
Coma sempre, pola importancia dos temas a tratar, prégase a asistencia de todos os socios e socias que poidan acudir.

- ligazón permanente - Enviado o 11-06-2007

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [Páxina9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702