Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

Novas



CONFIRMACIÓN da III Mostra de Proxectos de Tecnoloxía


Deamos prestixio á nosa área un ano máis! Anímate a participar!

A data do 16 de maio houbo un total de 23 inscricións de persoas comprometidas a participar na Mostra de Proxectos deste ano. Tendo en conta que esta é unha actividade da asociación imprescindible de cara á valorización da nosa área pola sociedade (e algún día polos políticos), pódese considerar que o número de participantes é o suficientemente próximo ao acordado na última asemblea (25), polo que FINALMENTE O DÍA 15 DE XUÑO CELEBRARASE A III MOSTRA DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA.

Tedes as últimas informacións sobre a organización da Mostra no apartado "Información complementaria" da sección "Mostra de Proxectos", adiantarvos que terá lugar das 17:30 ás 19:30 horas na Praza do Toural de Santiago de Compostela. Por suposto, os que aínda non vos inscribirades ESTADES A TEMPO.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

DEAMOS A COÑECER E PRESTIXIEMOS A NOSA ÁREA!!


- ligazón permanente - Enviado o 01-06-2007

III Mostra de Proxectos de Tecnoloxía


Sen a túa participación non será posíbel

mostraRecordámosvos que na última asemblea acordouse organizar a III Mostra de Proxectos sempre e cando houbese un compromiso de participación dun mínimo de 25 persoas confirmado antes do día 16 de maio.
Para participar non tes máis que inscribirte neste formulario
Anímate a participar!

- ligazón permanente - Enviado o 12-05-2007

Delicatessenweb


+internet+galego+futuro

Delicatessenweb é un espazo colaborativo para facer un catálogo de web con contidos en lingua galega. Os e as internautas poderán recomendar aquelas webs en lingua galega que consideran de maior interese polos seus contidos e utilidades e confomar colectivamente un catálogo galego de espazos web.
Podes darlle o teu voto á web de APETEGA

- ligazón permanente - Enviado o 10-05-2007

Premios José Cantero | I Edición Galega


Ampliado o prazo de inscrición até o 18 de maio

Jose Cantero O prazo para presentar os traballos de Tecnoloxía aos Premios José Cantero | I Edición Galega da Fundación Epson amplíase até o día 18 de maio de 2007.

Os Premios José Cantero, aos mellores traballos de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos no ámbito das tecnoloxías e os impactos sociais, están convocados dende a Fundación Epson | Instituto de Tecnoética, coa colaboración de APETEGA.

É a primeira vez que a Fundación Epson | Instituto de Tecnoética fai a convocatora destes premios fóra de Catalunya, onde este ano celebran a oitava edición con gran éxito de participación.

A Fundación Epson | Instituto de Tecnoética, moi sensibilizada coa importancia da formación tecnolóxica, organiza e dinamiza multitude de accións e actividades relacionadas coa tecnoloxía e o ensino en Catalunya. A convocatoria dos premios José Cantero supón o inicio destas actividades na nosa Comunidade Autónoma, pero iso debe pasar pola nosa participación nestes premios.

Difundide esta convocatoria entre os compañeiros e compañeiras do teu centro e animádevos a participar!!

- ligazón permanente - Enviado o 08-05-2007

III Mostra de Proxectos


Compostela, 15 de xuño de 2007

mostra de proxectosO día 15 de xuño de 2007 pretendemos levar a cabo a III Mostra de Proxectos na Praza do Toural en Santiago de Compostela. Unha inicitiva coa que pretendemos sacar á rúa os proxectos e demais traballos que realizamos nas aulas-obradoiro de Tecnoloxía.

A edición deste ano coincidirá coa entrega de galardóns da I edición galega dos premios José Cantero, convocatoria á que vos animamos á participar.

Para poder realizar con éxito a III Mostra de proxectos precísase a implicación e colaboración de todas e todos, por eso acordouse na última asemblea que a celebración da mostra estará supeditada a que haxa un mínimo de 25 colaboracións confirmadas para o día 16 de maio.

Coa fin de facilitar e coordinar os ofrecementos púxose á vosa disposición un formulario on-line e un listado, no que vos podedes anotar e consultar a participación.

Acude! Sen a túa participación a mostra non é posible.
Aproveita e presenta os teus proxectos aos premios José Cantero. Non perdes nada. Sen a túa participación tampouco é posible esta convocatoria.


- ligazón permanente - Enviado o 03-05-2007

<anterior [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [Páxina10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] >seguinte

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702