Área de socios.
Actualizado o 10/03/2008
Que é APETEGA?
APETEGA é a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía
de Galicia, unha asociación profesional sen ánimo de lucro
e dentro das súas tarefas se atopa promocionar o ensino da área
de Tecnoloxía no sistema educativo e programar todo tipo de actividades
de formación, divulgación,...
A xeito de resumo, ser socio/a supón:
- Recibir periodicamente na túa dirección de correo electrónico
toda a información que se envíe á rolda de correo
que ten a asociación e á que envían correos informativos
tanto a directiva como dúbidas, consultas, recomendacións,
etc. todos os socios e socias.
- O dereito a asistir, opinar e votar en todas as asembleas que celebre
a Asociación (como mínimo son tres ao ano).
- A inscrición gratuíta en todas as actividades de formación
que realiza anualmente a asociación (Xornadas Monográficas,
Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, Visitas Didácticas,
etc.)
No menú da dereita está accesible o texto
integro dos estatutos da asociación.
Como asociarse?
Para asociarse só é necesario:
- Ingresar na conta de APETEGA (Caixa Nova: 2080-0141-41-0040007345)
a cuota correspondente.
- Facernos chegar o resgardo do ingreso por correo electrónico a contacto@apetega.org
ou por correo postal ó Apartado de Correos nº142, 15.702-Santiago de Compostela
Cuotas
Formas de pago
Podense levar a cabo os pagos por calqueira das seguintes
formas:
- Ingreso na conta de APETEGA (Caixa Nova: 2080-0141-41-0040007345)
- Domiciliación bancaria. Neste caso é necesario enviar o orixinal
da folla de inscrición cos datos bancarios e asinado ó Apartado de Correos
nº142, 15.702-Santiago de Compostela
|