Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
 
>> Plataforma Estatal
 
>> Contacta
 
 
 
logo apetega

I Xornada Monográfica de APETEGA


"O traballo cos materiais"

 Actualizado o 15/11/2007

Información de utilidade.

Para a visita a CORTIZO, S.A. Haberá dous puntos de encontro:

  • ás 09:50h na explanada diante do Hotel Restaurante Scala (lugar onde do xantar).
  • ás 10:00h na explanada diante da empresa, mapa de situación (en breve).

O xantar será ás 14:00h no Hotel Restaurante Scala. Menú.

A sesión da tarde celebrarase no IES "Macías O Namorado, Padrón.

A actividade principal da sesión da tarde será a realización do proxecto dun ecoinvernadoiro con distintos materiais. Para esto a organización do traballo será a seguinte:

  • O proxecto realizarase mediante unha técnica de traballo-aprendizaxe cooperativa chamada "jigsaw" ou "técnica do quebracabezas", na que os participantes repartiranse previamente en 7 equipos de 12 persoas cada un.
  • Os equipos subdividiranse á súa vez en grupos de traballo que se repartirán polas aulas-obradoiro e aulas adaptados do centro (reparto das zonas de traballo)
  • Cando cada grupo de traballo remate a súa parte, reuniranse cos outros grupos de traballo do mesmo equipo nas aulas-xuntanza, onde unirán as diferentes partes do proxecto.
  • Ao remataren todos os equipos os seus proxectos farase unha posta en común colectiva da experiencia.

 

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702