Asociación do Profesorado
de Tecnoloxía de Galicia.
APETEGA.
 
 
>> Principal
>> Convocatorias
>> Xornadas de Tecnoloxía
>> Xornadas Monográficas
>> Mostra de Proxectos
>> Lexislación
>> Socios/as
>> Ligazóns
>> Foro
>> Plataforma Estatal
>> Contacta

¿Tes dudas ou consultas?

Aquí podes ver o que outros preguntaron.

 
Comunicacións no Twitter:
 
logo apetega

I Xornada Monográfica de APETEGA


"O traballo cos materiais"

  Actualizado o 25/05/2008

O día 17 de novembro de 2007 celebrouse no IES Macías o Namorado, de Padrón, a I Xornada Monográfica de APETEGA que versou sobre "O traballo cos materiais".

As Xornadas Monográficas planteáronse como unha actividade de formación dun día estruturada en dous bloques: 

  • Visita didáctica.
  • Conferencia/obradoiros relacionados coa temática da visita.

A visita didáctica, na mañá do sábado, foi a CORTIZO S.A., importante empresa galega líder no sector do aluminio. Pola tarde no IES "Macías O Namorado" de Padrón tiveron lugar as conferencias e obradoiros relacionados coa temática dos materiais e nos que se pretendeu aportar ideas para abordar este bloque do currículo na aula-obradoiro. No apartado de programa está á vosa disposición a estrutura máis detallada da Xornada e en documentación o proxecto realizado nos obradoiros.

No apartado de "información complementaria" hai información de utilidade sobre o lugar de celebración da Xornada.

E no apartado enquisa tedes os resultados da enquisa realizada entre todos os asistentes á I Xornada Monográfica de APETEGA.

Coa celebración das Xornadas Monográficas, homologadas pola Consellería de Educación e O.U. por un total de 8 horas, preténdese complementar a formación que se oferta aos socios na cita anual das Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.

Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en escribir a: xornadas@apetega.org


 

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Apartado 142 Santiago. C.P.15702