IV Xornada Monográfica de APETEGA
"O fogar do futuro: Bioconstrución, domótica e enerxías
alternativas"
Actualizado o 15/11/2010
Presentación.
O sábado 27 de novembro de 2010 celebraremos a IV
Xornada Monográfica de
APETEGA no parque eólico experimental sotavento Galícia e nas
instalacións de Alvarella. O programa incluirá ponencias e visitas
guiadas ás distintas instalacións de Sotavento, ás instalacións de Alvarella e o Castelo de Andrade, así
coma unha Conferencia e posterior debate sobre Bioconstrución.
O prazo de inscrición estará aberto dende o sábado 13 de novembro ás 22:00 h ata o domingo 21
de novembro ás 20:00 horas. O número de prazas está limitado a 60.
Máis información no díptico da Xornada.
Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en escribir
a: xornadas@apetega.org
|