VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.

Información sobre as VII Xornadas
As VII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia celebraranse no IES “Fermín Bouza Brey” de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), os días o 20 e 21 de Abril.

Ao igual que o ano pasado temos solicitado a homologación das Xornadas por un total de 15 horas.

A visita do venres pola mañá consistirá nun percorrido didáctico por Cambados: visita ao muíño das mareas, percorrido polo casco vello da vila e visita técnica á adega “Martín Códax”, con degustación dos seus caldos.

No apartado de obradoiros podedes consultar un listado provisional dos obradoiros que se ofertan.

As xornadas deste ano presentan dúas novidades. Unha é a intención de crear colectivamente, nun pc accesible a todos os asistentes, un repositorio para o intercambio de material de aula en formato dixital (programas, presentacións, imaxes, vídeos,…) A outra é a celebración dunha olimpíada tecnolóxica a xeito de xincana, na que poñeremos a proba a nosa habilidade tratando de pasar un bo rato.

Como en anos anteriores, haberá un espacio para a exposición de proxectos e comunicacións. Se vos animades ou vos interesa escribide a xornadas@apetega.org

Para asistir ás xornadas os socios domiciliados só terán que cubrir o formulario on-line (as xornadas son gratuitas para socios). Os non domiciliados, así coma os que se dean de alta por primeira vez ou os que só desexen inscribirse nas Xornadas, ademais de cubrir o formulario de inscrición (on-line ou en papel, enviándoo por correo postal) deberán facer o ingreso correspondente na conta de APETEGA.

No apartado de “información complementaria” dispoñedes dun listado de hoteis e pensións en Cambados e Vilagarcía así como información de utilidade sobre as dúas vilas.

Para calqueira dúbida ou suxestión non dubidedes en escribir a: xornadas@apetega.org